Carlos Álvarez Rivera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 2003 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Carlos Álvarez Rivera, nado en Sanlúcar la Mayor o 6 de agosto de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Levante, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista nas canteiras do CD Diez de Sanlúcar e do Sevilla.[1][2] Debutou co Sevilla Atlético na Segunda División B en 2019, substituíndo a Diego García nun empate sen goles ante o Yeclano Deportivo.[3]
O 21 de decembro debutou co primeiro equipo na Copa do Rei ante o Juventud de Torremolinos, marcando un dos tres goles do seu equipo. O 8 de xaneiro de 2023 xogou o seu primeiro encontro na Primeira División, substituíndo a Óliver Torres nunha vitoria por 2-1 ante o Getafe.[4]
O 12 de agosto de 2023 asinou un contrato de catro anos co Levante, da Segunda División.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quién es Carlos Álvarez, el prometedor delantero del Sevilla" (en castelán). 22 de decembro de 2022. Consultado o 29 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El sevillista que viene: Carlos Álvarez, calidad y presteza en las botas de un niño sagaz" (en castelán). 12 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El Sevilla Atlético se topa con el muro del Yeclano en el debut" (en castelán). 24 de agosto de 2019. Consultado o 29 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Así jugaron los futbolistas del Sevilla ante el Getafe" (en castelán). 8 de xaneiro de 2023. Consultado o 29 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El Levante UD refuerza su ataque con Carlos Álvarez" (en castelán). 12 de agosto de 2023. Consultado o 29 de xaneiro de 2025.