Saltar ao contido

Carlos Asorey Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Asorey Martínez
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata
Loño, España Editar o valor em Wikidata
Morte2015 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncineasta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Carlos Asorey Martínez, nado en Loño (Vila de Cruces) cara a 1950 e finado en 2015, foi un cineasta e cámara galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Madrid, onde se vinculou ao PCE. Marchou a Francia en 1974. En París frecuentou os ambientes galegos antifranquistas nucleados arrededor da asociación cultural O Toxo. Adquiriu formación cinematográfica como espectador na Cinemateca francesa e como cineasta na Universidade París-Diderot. Foi actor secundario en La hipótesis del cuadro robado (1978) do director chileno exiliado Raoul Ruiz. Filmou a emigración galega en París nos anos setenta. En 1979 presentou o seu documental Oficio de desterro na I Mostra de Cine das Nacionalidades e Rexións da Coruña.[1]

Retornou a Galicia en 1981 cun problema de saúde mental. Intentou seguir dedicándose ao cine e preparou guións como Documental para la ciudad de Compostela, pero non tivo acollida. Entrou a traballar como cámara na Televisión de Galicia en 1985.

Obras[editar | editar a fonte]

  • A festa popular da montaña.
  • Oficio de desterro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoja Oficial del Lunes, 17-8-1979, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]