Saltar ao contido

Carlos Castaño Panadero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Castaño Panadero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista, ciclista de pista Editar o valor en Wikidata
DeporteCiclismo en pista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2005-2005 Andalucia
2006-2006 Kaiku
2007-2010 Xacobeo Galicia
Participou en
20092008–09 UCI America Tour (en) Traducir (243º)
2009UCI Europe Tour de 2008-2009 (pt) Traducir (873º)
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: carlos-castano Editar o valor en Wikidata

Carlos Castaño, nado o 7 de maio de 1977 en Madrid, é un exciclista madrileño. Competiu nas modalidades de pista, especialista na proba de persecución por equipos, e ruta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, obtendo unha medalla de bronce na proba de persecución por equipos xunto con Sergi Escobar, Asier Maeztu e Carlos Torrent.[1] Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Ciclismo en Pista de 2004.[2]

Debutou como profesional en 2005 co equipo Andalucía-Paul Versán, tras destacar en categoría afeccionada con vitorias na Volta á Comunidade de Madrid en 2002 ou a Volta a Castela e León en 2001. Xa como profesional, conseguiu dúas vitorias de etapa na Volta a Burgos 2005 e unha vitoria na Volta a Cataluña 2006.[3]

En setembro de 2010 anunciou a súa retirada por mor dunha lesión.[4]

  1. «Carlos Castaño» Arquivado 05 de febreiro de 2013 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) (en inglés).
  2. «Carlos Castaño» en The-Sports.org (en inglés).
  3. «Carlos Castaño» en The-Sports.org (en inglés).
  4. "Carlos Castaño se retira por una lesión de espalda". Marca (en castelán). 10 de setembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]