Carlos González Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (75/76 anos) Navia de Suarna, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Carlos González Fernández, nado en Navia de Suarna en 1949, é un empresario e economista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Economía pola Universidade de Bilbao, desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional na empresa consultora Arthur Andersen. Foi presidente da súa filial española entre 2000 e 2003, e a partir dese ano, da filial española de Deloitte, a firma internacional coa que se fusionou.
Dende 2009 foi membro do consello asesor de Agbar e en 2011 anúnciase a súa incorporación como conselleiro independente ao recentemente creado NCG Banco[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El consejo de NCG aprueba la designación de Castellano como presidente Arquivado 20 de xuño de 2011 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 16/6/2011.