Carlos González Sháněl
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1973 (51 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalista, Jornalismo internacional (pt) , jornalismo de guerra (pt) e xornalismo |
Ocupación | escritor, documentalista, foreign correspondent (en) , xornalista, profesor universitario |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Carlos González Sháněl, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 11 de xuño de 1973, é un periodista chileno de orixe checa[1], correspondente da cadea de televisión mexicana Televisa na República Checa[2][3]. É ademais fundador da consultora de comunicacións estratéxicas Mentora s.r.o., con sede en Praga. No campo da docencia é profesor da cátedra de Ciencias Políticas da Universidade de Hradec Králové, en materias relacionadas con América Latina.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia checo-chilena. É comunicador audiovisual da Universidade UNIACC en Santiago de Chile, con grao e maxistratura en Comunicación e Mercadotecnia desa mesma institución. Tamén é diplomado en Economía Social de Mercado pola Universidade Miguel de Cervantes, grazas a unha bolsa da Fundación Konrad Adenauer.
Pouco tempo despois de termina-los seus estudos en 1997, radicouse en Europa, primeiro en Bruxelas e logo trasladouse a Praga.[5]. Desde entón, cun intervalo de tres anos na cidade de Cracovia (Polonia) viviu e traballou en Praga, onde exerceu como correspondente, reporteiro e analista internacional.[6][7][8].
Foi correspondente do servizo exterior da radio holandesa (Radio Nederland Wereldomroep) para a cobertura de actualidade na República Checa, en Eslovaquia e en Polonia, e foi redactor e presentador do servizo exterior da radiodifusión checa (Radio Praga)[9][10]. Os seus comentarios apareceron en medios radiofónicos e televisivos (BBC, Česká televize[11]) así como en diarios centroeuropeos[12][13] e latinoamericanos[14].
González participou tamén na televisión. En 1998 traballou brevemente como asistente do correspondente da televisión mexicana Televisa en Bruxelas, José Luis Arévalo, para a elaboración de noticiarios. En 2003 codirixiu o documental La Primavera de Cuba[15] (28 min.), exhibido en festivais e televisións de máis de 20 países de Europa e América Latina, e nos Estados Unidos. En 2013 volveu a incorporarse a Televisa, esta vez como correspondente na República Checa. Tamén conduce o programa Cestoskop da canle rexional Regionální Televize.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Xunto ó analista e académico chileno Luis A. Doñas escribiu en 2010 o libro Juegos de Guerra en el Pacífico: sobre un improbable conflicto armado entre Chile e Perú,[16] cuxo prólogo foi escrito polo ex-ministro do Interior e anterior senador checo, Jan Ruml.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carlos González Sháněl Arquivado 15 de xuño de 2014 en Wayback Machine. forum2000.cz
- ↑ "Televisa Investigaciones agresión a marinos mexicanos". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014.
- ↑ Reportaje en programa Primero Noticias de Televisa
- ↑ "Cuerpo docente de la UHK". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 03 de marzo de 2014.
- ↑ "Entrevista a González en Bruselas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 03 de marzo de 2014.
- ↑ Análisis sobre la sociedad civil en Cuba Arquivado 28 de marzo de 2014 en Wayback Machine. forum2000.cz
- ↑ Análisis sobre el proceso electoral venezolano Arquivado 04 de marzo de 2014 en Wayback Machine. forum2000.cz
- ↑ "Estudio sobre Economía Social de Mercado publicado por FLACSO" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014.
- ↑ Recuerdos de la Radio
- ↑ Especial de Noche Vieja en Radio Praga
- ↑ Entrevista para la televisora CT 24
- ↑ Ministerio de Relaciones Exteriores de la República Checa cita análisis de Carlos González en la prensa checa
- ↑ Hospodarske noviny "Chávez: Un narciso poseído por el poder"
- ↑ "El Nacional de Venezuela Carlos González entrevista a Lech Walesa". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 03 de marzo de 2014.
- ↑ La Primavera de Cuba, un documental sobre la violación de los derechos humanos
- ↑ "Juegos de guerra en el Pacífico, reseña de Asociación de Iberoamericanos por la Libertad". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 03 de marzo de 2014.
- ↑ Los juegos de guerra de Chile y Perú, analizados en Praga - Český rozhlas