Carlos Hervés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1953 (71 anos) Marín, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | economista |
Obra | |
Doutorando | Manuel Besada Morais |
Carlos Hervés Beloso, nado en Marín o 1 de xuño de 1953, é un economista e matemático galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Matemáticas en 1975 pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse na mesma en 1979. Foi investigador nas universidades de Nancy (1977-1978), Trinity College de Dublín (1979-1980) e Harvard (1989). É catedrático de Análise Matemática dende 1989. Como docente, impartiu clases na propia Universidade de Santiago, así como na Universidade Carlos III de Madrid (1990-1996) onde foi director do departamento de Economía (1993-1995). En 1996 reincorporouse á Universidade de Vigo como director do departamento de Matemáticas (1996-1999), onde continúa o seu labor docente e investigadora.
Especializado en economía matemática e, en concreto, na teoría do equilibrio xeral. Ten publicado artigos en revistas como Journal of Functional Analysis, Journal of Economic Theory, Journal of Mathematical Economics, Economic Theory ou Journal of Economics. Foi recoñecido como Economic Theory Fellow pola Society for the Advancement of Economic Theory[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un catedrático gallego ingresa en un grupo de economistas entre los que se encuentran varios Nobel Arquivado 09 de outubro de 2011 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 8/10/2011.