Carlos López Riaño
Aparencia
Carlos López Riaño, nado en Tuimil (Bóveda) o 6 de novembro de 1940 e finado en Madrid o 15 de abril de 2022,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito, ingresou no PSOE en 1966. Histórico dirixente da corrente do PSOE Izquierda Socialista ata que en 1987 a deixou por discrepancias internas, opúxose á entrada de España na OTAN polo que foi reprobado polo Comité Federal do PSOE. Foi deputado no Congreso dos Deputados por Madrid, delegado do goberno para o Plan Nacional contra a droga (1994-1996) e durante o seu mandato propuxo abrir un debate en torno á despenalización do cánnabis. Tamén foi concelleiro en Madrid.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (15 de abril de 2022). "Muere a los 81 años el político y jurista gallego Carlos López Riaño". Diario de Pontevedra (es). Consultado o 15 de abril de 2022.