Carlos Manuel Da Silva Freire
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1959 ![]() Sintra, Portugal ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Portugal ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Carlos Manuel Da Silva Freire, nado en Sintra o 18 de abril de 1959, é un exfutbolista portugués máis coñecido como Carlos Freire, que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras unha ampla traxectoria no fútbol portugués, no que foi dúas veces campión de liga e outras dúas de Copa, firmou polo Celta de Vigo o 5 de agosto de 1986 de cara a tempada 1986/87, na que o obxectivo do equipo era o ascenso a Primeira División. No Celta formou dianteira con Pichi Lucas e Baltazar.
Na primeira parte da tempada tivo un bo papel aínda que non chegou a asentarse no equipo, xogando 17 encontros, polo que a mediados de febreiro de 1987 equipo e xogador chegan ao acordo de rescindir o contrato para deixar libre unha praza de estranxeiro, praza que ocuparía Jimmy Hagan.