Carlos Rovés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1816 O Carril, España |
Morte | 5 de outubro de 1854 (37/38 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | cólera |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
23 de xullo de 1854 – 4 de agosto de 1854 (dimisión) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xurista |
Carlos Álvarez-Rovés Pérez-Santamarina, tamén chamado Carlos Robés, nado en 1816 no Carril (Vilagarcía de Arousa) e finado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1854[1], foi un xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do comerciante avilesino Simón Álvarez Rovés e da compostelá María del Carmen Pérez-Santamarina Flórez-Villaamil, foi sobriño de Luís López Ballesteros e de Pedro Méndez-de Vigo. Estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en Xurisprudencia.
Afincouse en Santiago de Compostela como avogado[2]. Durante a alcaldía do Marqués de Bóveda de Limia foi o 2º tenente de alcalde e, tras a Vicalvarada, foi elixido alcalde de Santiago de Compostela o 23 de xullo de 1854, presidindo a Xunta de Goberno[3]. A Xunta estivo composta por progresistas de corte esparterista. Porén, tras o Decreto do 1 de agosto de Espartero polo que se minguaba o poder das xuntas locais, deixándoas como simples órganos consultivos, Rovés presentou a súa dimisión o día 4, quedando co posto de primeiro tenente de alcalde[4]. Desde esta data ata o mes de outubro, a cidade continuou sen alcalde, ocupando de xeito provisional a alcaldía Cándido Valdés. Finalmente, o 2 de outubro volveu a presidir a corporación o Marqués de Bóveda, pero Rovés non entrou a formar parte da nova corporación por estar enfermo do cólera, que neste ano afectou profundamente a Galicia. Finalmente, tres días despois Carlos Rovés faleceu no seu domicilio, no número 3 da rúa do Preguntoiro.
Predecesor: Joaquín Losada Pimentel, Marqués de Bóveda de Limia |
Alcalde de Santiago 1854 |
Sucesor: sen alcalde |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rexistro Civil de Santiago. Defuncións. Ano de 1854 (Arquivo Histórico Universitario de Santiago-sg.AM 792, p.213v, nº orde 851). Nesta fonte se di que conta 38 anos, é natural de Carril e era solteiro no momento do seu falecemento. Tamén se indica que é Licenciado en Xurisprudencia.
- ↑ (Pérez 2012, p. 219)
- ↑ (Pérez 2012, p. 234)
- ↑ (Pérez 2012, p. 237)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Rodríguez, Ana Cristina (2012). Administración, gestión y poder político en el Ayuntamiento de Santiago de Compostela, 1845-1868 (PDF) (en castelán). Facultade de Humanidades (Universidade da Coruña). p. 581.