Carlos Totorika
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1956 (68 anos) Ermua, España |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
9 de xullo de 1999 – 20 de marzo de 2001 ← Rosa Díez Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Alcalde Ermua | |
20 de xuño de 1991 – 28 de xuño de 2018 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ermua |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Carlos Totorika Izaguirre,[1] tamén Carlos Totorika Izagirre,[2] nado en Ermua en 1956, é un político socialista vasco, cuxo ámbito de actuación é a súa localidade natal e a comunidade autónoma do País Vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Ermua en 1956. O seu pai era carpinteiro e a súa nai rexentaba un pequeno comercio. Estudou o Bacharelato en Éibar, e licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade de Bilbao, pasando a traballar na caixa de aforros Bilbao Bizkaia Kutxa de Ermua, onde chegou a ser director de devandita oficina.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Foi militante carlista até 1976. Dende 1991 até a actualidade é alcalde da súa cidade natal polo PSE-EE, partido ó que se afiliou en 1974. Tamén foi parlamentario vasco, en substitución de Rosa Díez dende outubro de 1999 até maio de 2001. En 2002, tras a dimisión de Nicolás Redondo Terreros, foi candidato á Secretaria Xeral do PSE, en competencia con Gemma Zabaleta e Patxi López, sendo elixido finalmente este último (López obtivo un 57% fronte ó 37% de Totorika). Naquel momento considerouse que Totorika era o candidato dos sectores próximos ó dimitido Redondo Terreros.[3] É secretario xeral do PSE de Ermua.
Ademais, foi un dos fundadores da asociación cívica Foro de Ermua, cuxos obxectivos son o apoio ás vítimas do terrorismo e o rexeitamento ó terrorismo no País Vasco e a defensa da liberdade constitucional. Está asociación foi fundada o 13 de febreiro de 1998 tras o asasinato do concelleiro do Partido Popular de Ermua Miguel Ángel Blanco por parte da banda terrorista ETA, sendo Carlos Totorika alcalde naquel momento da localidade. Debido á súa militancia no PSE-EE está ameazado por ETA e pola súa contorna, tendo que levar escolta.[4] Tamén foi galardoado coa Orde do Mérito Constitucional.
Está casado e ten dúas fillas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha del Parlamento Vasco". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 02 de decembro de 2016.
- ↑ "Ficha del Ayuntamiento de Ermua". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2015. Consultado o 02 de decembro de 2016.
- ↑ López-Totorica, un pulso entre dos estrategias Arquivado 03-12-2016 en Wayback Machine., ABC, 22 de marzo de 2002.
- ↑ Mi vida sin escolta