Carme Fernández Pérez-Sanjulián
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña ![]() |
Director de tese | Xosé María Dobarro e Pilar García Negro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filóloga ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Carme Fernández-Pérez Sanjulián, nada na Coruña en 1963, é unha filóloga e ensaísta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora de Lingua e Literatura galegas. Foi profesora agregada de Bacharelato (desde o ano 1987), se ben, entre anos 1990 e 1993, impartiu aulas na Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, exerce como profesora do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. Autora de numerosas publicacións sobre literatura galega e portuguesa.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A Galiza e o galego nas "Comedias bárbaras" de Valle-Inclán (1986). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- A construcción nacional no discurso narrativo de Ramón Otero Pedrayo (2003). A Nosa Terra.
- Intenso e Solidario Feminismo. Estudos Rosalianos (2023). UDC
Edicións
[editar | editar a fonte]- O mesón dos ermos. Contos, de Ramón Otero Pedrayo, 1997, AS-PG, A Nosa Terra.
- Fígados de tigre, de Francisco Gomes de Amorim, 2003, Universidade da Coruña.
- Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2012, Universidade da Coruña/Fundación Vicente Risco.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Literatura galega: textos escollidos, 1991 e 1992, Baía Edicións. Con Miguel Anxo Mato Fondo.
- Historia da Literatura Galega, 1996, AS-PG e A Nosa Terra.
- Bibliotecas dixitais, 2005, Laiovento, con Ángeles Saavedra Places.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Sempre en Galiza en 2003, por A construcción nacional no discurso narrativo de Ramón Otero Pedrayo.