Carme Giralt i Rosés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1940 El Masnou, España |
Morte | 3 de setembro de 2022 (81 anos) |
Presidenta Escoltes Catalans | |
Datos persoais | |
Educación | Col·legi de la Immaculada de les Escoles Pies |
Actividade | |
Ocupación | educadora |
Partido político | Partit dels Socialistes de Catalunya |
Premios | |
|
Carme Giralt i Rosés, nada no Masnou o 4 de setembro de 1940 e finada no 3 de setembro de 2022,[1] foi unha mestra catalá que traballou pola coeducación, o scoutismo laico e a política local.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia progresista e catalanista. A súa nai era modista e o seu pai que era pintor, loitou xunto aos republicanos ata o fin da guerra civil española. Ela medrou nun ambiente familiar de ideas republicanas e coñecemento do que supuxo o golpe de estado do 36, pero na escola os valores non eran os mesmos. Estudou nas Escolàpies do Masnou, onde tivo unha educación relixiosa e con 16 anos iniciouse nun grupo de mozas scout chamado Santa Xoaquina Vedruna e que despois xurdirá como Foc nou. Foi entón cando se decatou de como normalizara esa vida, sen ser consciente do que era vivir nunha ditadura.[3]
En outubro de 1968, con algunhas amizades que eran tres matrimonios e as súas familias, fundaron no Masnou a Escola Bergantí, un centro educativo catalanista, plural, laico e baseado na coeducación. Como curiosidades, o nome do centro foi unha homenaxe ao Masnou, onde entón se fabricaban este tipo de barco, bergantín. O sistema educativo que construíron estaba baseado en proxectos, facendo que o alumnado experimentase o que ten que aprender e deste xeito interiorizase a materia. Daquela as referencias pedagóxicas foran: Célestin Freinet e María Montessori, populares nos anos 60.[3]
Xa en en 1974 formou parte da unificación do scoutismo secular co nacemento de Escoltes Catalans, organización que presidiu durante seis anos. Para Giralt, o scoutismo deulle a oportunidade de ver outros lugares, viaxar fóra de Cataluña, coñecer outras culturas e tipos de educación e empaparse delas. Deste xeito, foi como comezaron as gañas de ensinar e transmitir esas pedagoxías, especialmente a danesa, sustituindo o ensino franquista. Nas súas palabras reivindicativas: "Toda a parte educativa ía de cara ao peche de mentalidades; nós pretendíamos o contrario: abrílas".[3]
En 1979, encabezou a lista política do PSC no Masnou[4] e foi elixida tenenta de alcalde. Foi a primeira muller en entrar no concello masnoví formado ata entón por homes e para ela "foi moi difícil porque tivo unha dobre loita por cousas distintas".[3] Estivo durante catro anos á fronte dos departamentos de Educación, Cultura e Deportes do concello, e despois volveu a educacíón.[2]
En 1984, foi nomeada vicepresidenta de Guiatge Català (guidismo en Cataluña) e do CEGE a escala internacional, representación do scoutismo catalá. Máis tarde, creou os Amigos e Antigos Scouts do Masnou.[2]
Aínda que non volveu á primeira liña política, Giralt colaborou en moitas comisión informativas municipais e participou sempre que puido nas de temas sociais. Ela defendía a vida en comunidade e o respecto de todas as opinións e culturas, de aí a reivindicación dos valores de fortalecemento da personalidade desde a Escola Bergantí e o legado que deixou: "Carme sempre nos dixo: manipulación, experiencia e movemento. Se o metes na aula, e tes unha contorna privilexiada como a nosa, dáslle ao alumnado a posibilidade de escoller a mellor forma de interiorizar o coñecemento”.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Giralt foi sempre unha defensora da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. No ano 2019 recibiu a Cruz de San Xurxo "polo seu traballo a prol da coeducación, así como pola súa contribución á unificación do scoutismo laico coa creación de Escoltes Catalans e a fundación da Escola Bergantí, todo un referente pedagóxico en Cataluña".[5][6]
En 2022 foi nomeada filla predilecta do Masnou pola súa traxectoria profesional como mestra e por ser a primeira muller concelleira dese concello.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ajuntament del Masnou, ed. (03/09/2022). "L'Ajuntament lamenta la defunció de Carme Giralt".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Escola Bergantí. Centre concertat per la Generalitat de Catalunya. Carme Giralt i Rosés".
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 La Mira, ed. (6 de maig de 2019). "L’educadora del futur".
- ↑ Boletín Oficial de la Provincia de Barcelona (9 de marzo, 1979). "Juntas electorales de zona Mataró" (PDF). Boletín Oficial de la Provincia de Barcelona (59): 10.
- ↑ Web oficial de la Generalitat de Catalunya, ed. (30-04-2019). "El Govern distingeix amb la Creu de Sant Jordi 29 persones i 15 entitats".
- ↑ "El Govern atorga la Creu de Sant Jordi a la FMRPC i sis mestres". El Diari de l'Educació (en catalán). 2019-04-30. Consultado o 2024-04-07.
- ↑ Ajuntament del Masnou, ed. (01/07/2022). "Carme Giralt és nomenada Filla Predilecta del Masnou".