Carme Valls
Carme Valls Llobet, nada en Barcelona o 21 de maio de 1945 é unha política e médica española, especializada en endocrinoloxía e medicina con perspectiva de xénero. Dirixe o programa «Muller, Saúde e Calidade de Vida» no Centro de Análise e Programas Sanitarios (CAPS). Entre 1999 e 2006 foi deputada no Parlamento de Cataluña na V e VI lexislaturas polo Partido dos Socialistas de Cataluña - Ciutadans pel Canvi.
A súa reivindicación máis importante é a inclusión das diferenzas entre homes e mulleres no deseño e análise de estudos sobre patoloxías e tratamentos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Medicina pola Universidade de Barcelona, de 1962 a 1968 foi delegada do seu curso, elixida democráticamente, e en 1966 participou na fundación do Sindicato Democrático de Estudantes da Universidade de Barcelona, acto coñecido como caputxinada.[1]
Dirixe o programa "Muller, Saúde e Calidade de Vida" no Centro de Análise e Programas Sanitarios (CAPS) ONG da que é membro desde 1983 e da que é vicepresidenta.[2] A organización ten como obxectivo investigar e pór en evidencia as diferenzas de xénero na saúde e nos servizos sanitarios, así como proporcionar ás mulleres o acceso á información e aos recursos para mellorar a súa calidade de vida. Foi profesora na Universidade de Barcelona da materia «Mulleres e homes: epidemioloxía das diferenzas».
Presidenta da Fundación Cataluña Século XXI e deputada do Parlamento de Cataluña polo PSC-Ciutadans pel Canvi ás eleccións no Parlamento de Cataluña de 1999 e 2003[3].
Medicina con perspectiva de xénero
[editar | editar a fonte]Valls defende a introdución da Ciencia da Diferenza nos estudos universitarios das Ciencias da Saúde, Medicina, Enfermaría e Psicoloxía.[3][4] Foi pioneira en España en expor a alerta no terreo da investigación médica sobre as diferenzas en mortalidade e morbilidade entre mulleres e homes seguindo a liña de traballo de Lois Verbrugge da Universidade de Míchigan e dun movemento internacional de investigadores que na década dos 90 impulsou a inclusión das mulleres nos ensaios clínicos e o rigor científico aplicado ao estudo dos problemas máis habituais nas mulleres.
Foi a finais do século XX cando se empezou a analizar e demostrar que existían diferenzas nas enfermidades que afectaban con máis frecuencia a mulleres, sinalando a maior prevalencia de enfermidades crónicas e a utilización dos servizos sanitarios entre o sexo feminino por mor dos riscos adquiridos polos aspectos psicosociais de mulleres e homes.[4]
Unha diferenza biolóxica entre homes e mulleres que en ningún caso, sinala Valls, é un signo de inferioridade.
Creo que chegou a época de evitar todos os reduccionismos etiolóxicos e saber que aos problemas complexos non podemos darlle solucións simplistas. As diferenzas na bioloxía das mulleres son simplemente diferenzas, e non inferioridades. Telas en conta no momento de estudar as causas da dor e o cansazo das mulleres é unha necesidade científica. Os estereotipos de xénero sempre quererán considerar inferior o que lles ocorra ás mulleres. As aproximacións máis científicas axudarán a coñecer mellor as verdadeiras etioloxías dos seus problemas. [3]
Valls que tamén denuncia a utilización por parte da industria farmacéutica das mulleres como obxecto de mercado, introducindo fármacos cuxos efectos non foran estudados en mulleres nin en animais de experimentación femias e que provocaron graves trastornos de saúde ás mulleres.
É autora de varios libros de divulgación médica e membro do consello de redacción de revísta Mulleres e Saúde (MyS) editada polo programa Muller, Saúde e Calidade de Vida do CAPS creada en 1996 e cuxo número "0" apareceu nas xornadas feministas catalás “20 Anys de Feminisme”.[3][5][6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Mujeres invisibles (2006)
- Mujeres, salud y poder (2009)
- Medio ambiente y salud (2018) Editorial Cátedra. Colección feminismos
- Mujeres invisibles para la medicina (2020). Editorial Capitán Swing[7][8]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2018 Premio Buenas Prácticas de Comunicación no sexista, outorgado pola Asociación de Mujeres Periodistas de Cataluña.[9]
- 2019 Medalla da Universidade de Valencia.[10]
- 2023 Doutora honoris causa pola Universidade de Girona.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diputados del Parlament de Catalunya en la VI Legislatura Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. p. 297
- ↑ "CAPS - Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris". Consultado o 21 de decembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Nuria del Viso. "Entrevista a Carme Valls Llobet". FUHEM Ecosocial. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "La ciencia de la diferencia" (en castelán). 9 de febrero de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2019.
- ↑ "Mujeres y Salud - Revista de comunicación científica para mujeres". Mujeres y Salud. Consultado o 22 de diciembre de 2016.
- ↑ "Mujeres RTVE y los programes de RNE 'Gente despierta' y 'Feminismes', Premios de Comunicación no sexista 2018 - RTVE.es". RTVE.es. 22 de novembro de 2018. Consultado o 24 de novembro de 2018.
- ↑ "Mujeres invisibles para la medicina". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-10-31. Consultado o 2020-12-15.
- ↑ "Carme Valls: «Muchas mujeres sufren estrés crónico por la doble jornada»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-12-12. Consultado o 2020-12-15.
- ↑ "Premios de Comunicación no Sexista 2018" (en castelán). 25 de noviembre de 2018. Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ "Medalla de la Universitat a Carme Valls, impulsora de la medicina des de la perspectiva de gènere" (en catalán). Consultado o 1 de marzo de 2019.
- ↑ "Anova chama a concentrar o voto na defensa da democracia e da soberanía nacional da Galiza". Nós Diario. 5 de xuño de 2023. Consultado o 14 de agosto de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog de Carme Valls
- BiografíaArquivado 04 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- Revista Mujeres y Salud Arquivado 06 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.
- Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris (CAPS)