Carme Vidal Laxe
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (58/59 anos) Fornelos de Montes, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Carme Vidal Laxe, nada en Fornelos de Montes en 1966, é unha ensaísta e xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou secundaria no IES Valle Inclán de Pontevedra. É licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación e Xornalismo na Universidade de Santiago. Foi redactora no semanario A Nosa Terra e formou parte do equipo de redacción de Sermos Galiza.[1] Tamén colabora en Nós Diario.
Formou parte Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e presentou "Álbum de Mulleres".[2] Tamén foi secretaria da plataforma Galiza Cultura.[3]
En 2014 foi premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) á mellor traxectoria no xornalismo cultural.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]Autora de tres biografías:
- Maruxa Mallo (1999). A Nosa Terra. 125 páxs. ISBN 84-89976-89-9.
- Syra Alonso. Diarios (2000). A Nosa Terra, Mulleres 3. Tradución Anxos García Sumai. 286 páxs. ISBN 84-95350-10-6
- Mercedes Núñez. Cárcere de Ventas (2005). A Nosa Terra, Mulleres. 180 páxs. ISBN 978-8496403338.[5]
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Voces de Atlántica (2005). Galaxia. Carme Vidal e David Barro conversan con varios artistas. ISBN 978-84-8288-812-5.
- Xornalistas con opinión. Escolma de textos (2007). Galaxia. Artigo: Mª Luz Morales, a grande dama do xornalismo. ISBN 978-84-9865-043-3.
- O triángulo vermello (2024). Vigo: Xerais. 40 páxs.[6] Con Pablo Iglesias Núñez e Belén Diz. Sobre Mercedes Núñez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galega, Consello da Cultura. "Carme Vidal". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2020-11-06.
- ↑ "especial. Álbum de mulleres. culturagalega.org". culturagalega.gal. Consultado o 2020-11-06.
- ↑ "Galiza Cultura". Galiza Cultura. Consultado o 2020-11-06.
- ↑ Diario, Nós. "Carme Vidal: “O apoio social é imprescindíbel para manter medios en galego”". Nós Diario. Consultado o 2020-11-07.
- ↑ "Un libro repasa la vida de Mercedes Núñez, presa en Ravensbruck, en el 60 aniversario de su liberación". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-04-12. Consultado o 2020-11-06.
- ↑ "O triángulo vermello - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-20.