Carme da Silva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1966 (57 anos) Pontevedra, España |
Senadora de España | |
2023 – | |
Concelleiro de Pontevedra | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Familia | |
Irmáns | Genaro da Silva |
María Carme da Silva Méndez, nada en Pontevedra o 26 de decembro de 1966, é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en química pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2012 foi deputada da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia.[1] Concelleira do BNG en Pontevedra e tenenta de alcalde dende 2015, en 2016 foi elixida membro da Executiva Nacional do BNG.[2]
É coautora do libro Pontevedra, outra mobilidade, outra cidade. A experiencia de transformación 1999-2015[3][4] da Fundación Pons.
Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidata do BNG número un ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra[5] e menos dun mes despois foi de número 6 na lista do BNG ao concello de Pontevedra nas eleccións municipais do mesmo ano. De novo no mesmo ano, foi candidata número un do BNG nas Eleccións xerais de novembro e repetiu candidatura e posto na lista do BNG nas Eleccións xerais do 23 de xullo de 2023. Ao igual que nas anteriores convocatorias estatais, non tivo os suficientes votos para obter escano, porén, aos poucos días dos comicios, foi nomeada senadora por designación autonómica do Parlamento de Galicia.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "VIII Lexislatura" (PDF). Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2018.
- ↑ "Ana Pontón encabeza una candidatura al BNG que renueva a menos de la mitad de sus caras" Faro de Vigo, 21/2/2016 (en castelán).
- ↑ "Pontevedra. Outra mobilidade, outra cidade.". www.ponseditorial.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-03-09.
- ↑ Pontevedra, outra mobilidade, outra cidade : a experiencia de transformación, 1999-2015 (1ª ed.). Pontevedra: Concello de Pontevedra. 2015. ISBN 9788494280948. OCLC 937793370.
- ↑ Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "[Congreso] Candidatura por Pontevedra". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31/03/2019. Consultado o 9/3/2019.
- ↑ G., X. (28 de xullo de 2023). "El Parlamento elige a José Manuel Baltar, José Manuel Rey y Carme da Silva senadores por designación autonómica". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carme da Silva |