Carmelo Giuliano
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1951 (73 anos) Avellaneda, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | - 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Carmelo Héctor Giuliano González, nado en Avellaneda, provincia de Buenos Aires, o 14 de xuño de 1951, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de líbero ou central e destacou no Hércules CF, onde foi un dos buques insignia durante a época dourada do club.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fichou polo Club Atlético Independiente na novena división e foi ascendendo polos diferentes equipos do club ata a categoría profesional, á que chegou aos 21 anos.[1] Con Independiente proclamouse campión da Copa Intercontinental de 1973, aínda que non chegou a xogar na competición.[2]
Foi cedido ao Club Atlético Atlanta onde xogou o campionato Metropolitano de 1974. Xogaba con regularidade, alternando a posición con Pecoraro. Non xogou o campionato Nacional de 1974, xa que os xogadores reclamaron unha débeda, e os directivos sancionáronos, decidindo que xogarían este torneo os non profesionais.[3] Así, Giuliano foi liberado e fichou polo Hércules CF de Alacant.
Chegou ao club español por recomendación de Miguel Ángel Santoro, porteiro internacional arxentino que xa militaba no club alacantino.[4] O seu debut na Primeira División española produciuse na segunda xornada da tempada 1974/75, nun partido ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu (2-1).
O equipo adestrado por Arsenio Iglesias logrou ese ano o quinto posto en liga, o mellor resultado da súa historia. Giuliano foi titular en case todos os partidos, marcando 4 goles.
Mantivo a titularidade durante os seguintes anos, ata que sufriu unha grave lesión na segunda eliminatoria da Copa do Rei 1980/81, rompendo os ligamentos cruzados e o menisco. Foi nun partido contra o Cartagena FC no que marcou dous goles. A lesión supuxo a súa retirada como futbolista, aínda que durante os seguintes dous anos aínda chegou a disputar cinco partidos máis.
Trala súa retirada como futbolista, foi director deportivo do Hércules durante tempada e media, traballou coa canteira do club e foi comentarista de televisión.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Mentres xogaba no Hércules casou en Bilbao con María Victoria Sancristóbal.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Aitana, José Luis (11 de xuño de 1979). "Giuliano: «Es un honor ser considerado el mejor de la liga»" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). pp. 24–25. Consultado o 8 de marzo de 2022.
- ↑ "Copa Intercontinental 1973". FIFA (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2022.
- ↑ "Historia del Club Atlético Atlanta en los años 1971-1980" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2008. Consultado o 8 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "Giuliano: «Me siento como un niño al que le regalan unas botas»" (en castelán). 26 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2011. Consultado o 8 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).