Saltar ao contido

Carmen Baliñas de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Baliñas de Castro
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1822 Editar o valor en Wikidata
Cuntis, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de abril de 1909 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Cuntis, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixiosa Editar o valor en Wikidata

Carmen Baliñas de Castro, nada en Cuntis o 17 de marzo de 1822 e finada na mesma vila o 30 de abril de 1909,[1] foi unha relixiosa galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla única dunha familia de cartos, xa desde nova quixo ser monxa. En 1854 ingresou no mosteiro de San Bieito de Corella (Navarra), profesando o 30 de xaneiro de 1855. Participou no proxecto dunha fundación monástica feminina na misión de New Norcia canda a Rosendo Salvado, mais o proxecto non saíu adiante.

Decidiu investir a herdanza paterna na creación do convento de San Bieito de Pereira,[2] en Cuntis. Xunto con outras dúas monxas de Corella tomaron posesión dos edificios o 1 de xullo de 1868, mais houberon abandonalo o 17 de novembro dese mesmo ano polas leis promulgadas polo Goberno provisional tras a Revolución de 1868. Regresaron a Corella, e finalmente o 26 de novembro de 1876 instaláronse en Cuntis. O 5 de decembro dese ano o arcebispo de Santiago de Compostela, Miguel Payá y Rico, nomeouna primeira abadesa do convento e permaneceu no cargo ata o 26 de noveembro de 1891, se ben seguiu a dirixir a comunidade. En 1908 un grupo de monxas pedíronlle que suavizase as regras, e o arcebispo impúxolles as normas do mosteiro de San Paio de Oviedo, menos rigorosas ca as anteriores.[3]

  • Ceremonial romano monástico conforme a la concesión hecha por la santidad de Paulo V a favor de cuantos militan bajo la Santa Regla del Patriarca San Benito para uso de las benitas recoletas de Cuntis (Ourense, Gregorio Rionegro; 1884)
  • Proyecto de Constituciones para las religiosas recoletas de Cuntis bajo la Regla del patriarca San Benito (inédito).
  1. "Santiago". Gaceta de Galicia (en castelán). 10 de maio de 1909. p. 2. 
  2. "San Bieito de Pereira". Turismo de Galicia. 
  3. Vivancos Gómez, Miguel Carlos. "Carmen Baliñas de Castro". Diccionario Biográfico electrónico (en castelán). Real Academia de la Historia. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Colombás, G. M. (1978): San Benito de Cuntis: génesis, fundación y desarrollo de un monasterio de monjas en la provincia de Pontevedra. Zamora, Monte Casino.
  • La tradición benedictina, vol. VIII, Zamora, Monte Casino, 1999, págs. 565-584.