Carmen Buján Freire
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1964 ![]() Bueu, España ![]() |
![]() ![]() | |
Embaixador en Mozambique | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | diplomática ![]() |
![]() |
Carmen Buján Freire, nada o 17 de outubro de 1964 en Bueu,[1] é unha diplomática galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.[2] Ingresou en 1993 na carreira diplomática. Os seus primeiros destinos levárona ás representacións diplomáticas españolas en Romanía, Paquistán e Hungría.[3]
Foi voceira asesora da Unidade de Coordinación da Participación de España no Consello de Seguridade das Nacións Unidas e subdirectora xeral de Asuntos Internacionais de Terrorismo. Tamén foi conselleira na embaixada de España en Buenos Aires e directora xeral de Asuntos Estratéxicos e Terrorismo nos anos 2008 e 2010. Entre agosto e novembro de 2010 foi embaixadora representante permanente de España ante a Oficina das Organización das Nacións Unidas e os Organismos Internacionais con sede en Viena. Entre agosto de 2018[4] e agosto de 2019 traballou como embaixadora de España en Mozambique.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A galega Carmen Buján Freire, nomeada embaixadora en Mozambique". Diario de Pontevedra. 3 de agosto de 2018. Consultado o 27 de decembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (9 de agosto de 2019). "Exteriores destituye a la embajadora en Mozambique que había nombrado hace un año". El Mundo. Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ "Carmen Buján Freire". transparencia.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 27 de decembro de 2020.
- ↑ "Carmen Buján, de Bueu, nova embaixadora en Mozambique". Faro de Vigo. 4 de agosto de 2018. Consultado o 27 de decembro de 2020.