Carmen Domínguez Vaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1951 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 6 de abril de 2021 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintora ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Enrique Ortega Pastor † 2014 ![]() |
Fillos | catro ![]() |
![]() |
Carmen Domínguez Vaz, nada en Pontevedra o 5 de xaneiro de 1951 e finada en Madrid o 6 de abril de 2021, foi unha pintora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio por indicacións dos pais e, en 1968, marchou a París para estudar francés. Acudiu como oínte á Escola de Belas Artes onde entrou en contacto cun mundo artístico onde primaba a liberdade e aprendeu técnicas descoñecidas até ese momento.[1] Na década de 1980, marchou a Rusia onde se deixou influír polo impresionismo.
En 1983 fixo a primeira exposición, colectiva, na que foi apadriñada por Laxeiro, sendo o presentador Xosé Filgueira Valverde.[2]
Hai obra súa na Colección Afundación, no Museo Provincial de Pontevedra, nas Deputacións de Pontevedra e Lugo; na Pinacoteca de Granada; nos concellos de Baiona e A Coruña,[3] no Museo do Debuxo en Buenos Aires, no Casino Atlántico das Palmas de Gran Canaria e nas coleccións de diversas entidades privadas.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Muere la pintora pontevedresa Carmen Domínguez". Diario de Pontevedra (en castelán). 6/4/2021.
- ↑ "Biografía". carmendominguez.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11/08/2020. Consultado o 7/4/2021.
- ↑ Pinturas dependencias municipales Concello da Coruña.
- ↑ Gago, Marcos (7/4/2021). "Adiós a la pintora pontevedresa Carmen Domínguez Vaz". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Domínguez Vaz, Carmen". Diccionario enciclopédico galego universal 22. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 87. ISBN 84-7680-429-6.
- "Domínguez Vaz, Carmen". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 12.
- "Domínguez Vaz, Carmen". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 720. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Domínguez Vaz, Carmen". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 1999-2002. pp. 404–405. ISBN 84-7680-288-9.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 177. ISBN 84-8064-113-4.
- Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. pp. 220–221. ISBN 84-95364-15-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://carmendominguez.com Arquivado 21 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- Bibliografía sobre a autora en pintoresgallegos.com