Carmen Estévez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1925 León, España |
Morte | 23 de febreiro de 1996 (70 anos) Roxos, España |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Fraga Iribarne |
Fillos | Carmen, Isabel, José Manuel, Ignacio e Adriana |
María del Carmen Estévez Eguiagaray, nada en León o 9 de setembro de 1925 e finada o 23 de febreiro de 1996 en Roxos (Santiago de Compostela), foi unha personalidade pública galega, muller do ex presidente da Xunta Manuel Fraga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun militar de Verín, seguiu o seu pai en diferentes traslados ata que en 1945 se estableceu na cidade de Madrid. Ese mesmo ano coñecía a Manuel Fraga e casaba con el o 17 de xaneiro de 1948 na capital de España. Estudante de Dereito na Universidade Complutense de Madrid, deixou a carreira coa voda e traballou a partir de aí no coidado da familia, pois tivo cinco fillos naturais e un adoptado.
Viviu en Madrid ata 1973, cando marchou a Londres acompañando o seu home no seu traballo de embaixador. En 1975 regresou a Madrid, onde permaneceu ata que Fraga accedeu á presidencia da Xunta de Galicia (1989). Posteriormente viviu en Santiago de Compostela ata o seu falecemento. Despois de sufrir un grave accidente de automóbil en 1993, en 1995 diagnosticáronlle un cancro, que lle acabaría por provocar a morte. Foi soterrada en Perbes.
O seu papel como muller do presidente da Xunta foi escasamente público, con escasas aparicións.
Predecesor: Rosa Liaño |
Parella do Presidente da Xunta de Galicia 1990–1996 |
Sucesor: Esther Cid |