Carmen Orozco Muñoz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Valencia, España |
Morte | 1977 (70/71 anos) Valencia, España |
Outros nomes | María Castro Martínez |
Actividade | |
Ocupación | mestra, membro da resistencia |
Partido político | Partido Comunista de España |
Carmen Orozco Muñoz, coñecida como María Castro Martínez, nada en Valencia en 1916, foi unha mestra e guerrilleira antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestra, afiliada á FETE de Valencia. Militante do Partido Comunista de España dende 1937, foi secretaria de axitación e propaganda do partido. Ao remate da guerra ingresou na Prisión Nueva de Mujeres de Santa Clara o 22 de agosto de 1939. O 14 de decembro foi conducida pola Garda Civil á sala de maternidade do Hospital Provincial para dar a luz. Saíu en liberdade condicional o 12 de xullo de 1940. Fuxiu a Madrid, onde entrou en contacto co PCE. Colaborou con José Bartrina Villanueva na impresión e difusión de propaganda clandestina. Trasladouse con el a Galicia por mandato do partido en setembro de 1947.
Participou no Exército Guerrilleiro de Galicia, dedicándose a tarefas de propaganda clandestina con José Bartrina. Foi detida en xullo de 1948. Encartada na causa 370/48, foi xulgada na Coruña o 18 de outubro con José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, José Bartrina Villanueva, Juan José Romero Ramos, José Rodríguez Santos, Juan Martínez Montero, María Blázquez del Pozo, Clementina Gallego Abeledo e Josefina González Cudeiro.[1] Foi condenada a trinta anos de prisión.[2] Pasou polos cárceres da Coruña, Segovia, Valencia, de novo Segovia e finalmente Alcalá de Henares. Foi novamente xulgada en consello de guerra en Valencia o 19 de outubro de 1950 pola causa 13811/39 por auxilio á rebelión, o proceso xudicial pendente.
O 9 de outubro de 1960 obtivo a liberdade condicional pola aplicación de dous indultos. Fixou a súa residencia en Valencia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2011). Mulleres na guerrilla antifranquista galega. A Coruña: Laiovento. pp. 287–316. ISBN 978-84-8487-211-5.