Carmen Rodríguez Dacosta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 ![]() Ourense, España ![]() |
![]() | |
2019 – | |
Concelleira | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | avogada ![]() |
Empregador | Concello de Ourense Unión Xeral de Traballadores ![]() |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Ramón Alonso López ![]() |
![]() ![]() |
María del Carmen Rodríguez Dacosta, nada en 1969 en Ourense, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en dereito e Técnica de Riscos Laborais. Foi formadora en cursos de administración, xestión, documentación de empresas e outros entre 1994 e 1995. Dende 1996 é asesora xurídica da UXT.
Foi delegada da Consellería de Traballo na provincia de Ourense durante o goberno bipartito na Xunta de Galicia (2005-2009). Foi concelleira non electa de Persoal e Recursos Humanos no concello de Ourense dende 2009 ata 2013, ostentando a mesma responsabilidade con categoría de Directora Xeral dende 2013 ata 2015. Nas eleccións municipais de 2015 concorreu como número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE en Ourense e foi elixida concelleira, cargo que ostentou ata as seguintes eleccións de 2019. Paralelamente foi Secretaria Xeral da Agrupación Local do PSdeG en Ourense (2012-2018).
En xullo de 2019 tomou posesión como deputada no Parlamento de Galicia en substitución do falecido Raúl Fernández. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 revalidou a súa acta de deputada. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 foi cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, revalidando novamente a súa acta parlamentaria.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casada co tamén dirixente socialista Ramón Alonso López, alcalde de Entrimo, co que ten 2 fillas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carmen Rodríguez Dacosta ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nados en 1969
- Concelleiros de Ourense
- Nados en Ourense
- Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Deputados provinciais de Ourense
- Sindicalistas de UGT Galicia
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia