Carme (nome)
Aparencia
(Redirección desde «Carmiña»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carme.
Carme[1][2][3] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o hebreo כרמן (Har ha'Karmel) que quere dicir xardín de Deus. Karmel é o nome dun monte situado entre a fronteira de Galilea e Samaria. En galego tamén ten os hipocorísticos Carmiña, Carmucha, Mucha, Muchiña, Lucha, Carmuca, Menchu, Carmela e Mela.[2]
En xaneiro de 2023 existían 249 mulleres en Galicia co nome Carme, cunha media de idade de 16,2 anos[4] e 15 co nome Carmiña, cunha media de idade de 38,3 anos.[5]
Santoral
[editar | editar a fonte]Popularizado pola veneración á Virxe do Carme ou Nosa Señora do Monte Carmelo en Israel, o seu santoral é o día 16 de xullo.
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]Árabe | كارمين |
Castelán | Carmen |
Catalán | Carme |
Chinés | 卡门 |
Éuscaro | Karmele, Karmiñe |
Galego | Carme, Carmo, Diminutivos: Carmiña, Carmela, Hipocorístico: Mucha |
Grego | Xαρμεν |
Guaraní | Kamé |
Hebraico | כרמן |
Hindi | कर्मेन |
Inglés | Carmen |
Italiano | Carmine |
Portugués | Carmo |
Ruso | Карме, Кармен |
Xaponés | カルメン |
Persoas de sona
[editar | editar a fonte]Carme e Carmo
Galegas
[editar | editar a fonte]- Carme Adán Vilamartín, nada en 1966, política, intelectual e profesora galega.
- Carme Blanco Ramos, nada en 1957, escritora galega.
- Maria do Carmo Henríquez Salido, nada en Mugardos en 1944, é unha lingüista galega.
- Carme Fernández-Pérez Sanjulián, nada en 1963 , é unha filóloga e ensaísta galega.
- Carmela Silva (María do Carme Silva Rego), nada en 1960 , é unha política galega do PSdeG.
- María do Carme Kruckenberg, nada en 1926 , é unha escritora galega.
- Carmela Arias Díaz de Rábago , nada en 1920, foi unha empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié.
- María do Carme Solar Núñez, nada en 1970 , é unha xornalista e escritora galega.
- María do Carmo Ríos Panisse, nada en 1946 en Santiago de Compostela, é unha filóloga galega.
Outras
[editar | editar a fonte]- Carme Chacón, nada en 1971, unha política catalá militante do PSC que foi ministra do goberno español.
- Carme Junyent, nada en 1955, é unha lingüista catalá.
- Carme Ruscalleda, nada en 1952, é unha cociñeira catalá.
- Carme Figueres i Siñol, unha política catalá.
- Carme Laura Gil i Miró, unha profesora catalá.
- Carme Pinós, unha arquitecta catalá.
- Carme Riera, unha profesora catalá.
- Maria do Carmo de Carvalho Rebelo de Andrade (Carminho), unha fadista portuguesa.
Variante Carmen
[editar | editar a fonte]Galegas
[editar | editar a fonte]- Carmen Blanco, nada en Lugo en 1954 , é unha escritora e feminista galega.
- Carmen Leyte (María del Carmen Leyte Coello), nada en Vigo en 1953 , é unha médica e política galega vinculada ao PPdeG.
- Carmen Gallego (María Carmen Gallego Calvar), nada en Vilaboa en 1966 , é unha política galega do PSdeG-PSOE.
- Carmen Dolores, nada en Padrón , é unha cantante e compositora galega.
- Carmen Avendaño, nada en Vigo en 1954 , activista contra o narcotráfico galega.
- Carmen Lovelle (María del Carmen Lovelle Alén), nada en Ourense en 1941 , é unha mestra e política galega.
- Carmen Sotelo, nada en Vilalba , é unha actriz galega.
- Carmen Rey, é unha cantante de jazz e mestra de música galega.
- Carmen Panero, nada en Pontevedra en 1949, é unha escritora e crítica literaria galega.
- Carmen Prieto Rouco, nada en Vilalba en 1901, foi unha poeta e dramaturga galega.
- Carmen Fidalgo (María Carmen Fidalgo Colmeiro), nada en Silleda , é unha política galega.
- Carmen Martín Serantes, nada en Suíza en 1971 , é unha pintora galega.
- Carmen Martínez Castro, nada en Venezuela en 1961 , é unha xornalista e política galega, do Partido Popular.
- Carmen Marón Beltrán, nada en Samos en 1942 , é unha política galega.
- María del Carmen Gueimunde,nada en Viveiro en 1968 , é unha política galega.
- Carmen Fraga Estévez, nada en León en 1948 , é unha política galega.
- María del Carmen Pallares Méndez, nada en Agolada en 1948 , é unha historiadora galega.
- María Carmen González Quintela, nada en Carballeda de Valdeorras en 1957 , é unha industrial e política galega.
- María del Carmen Yáñez Salgado, nada en Ourense en 1976 , é unha avogada e política galega do PPdeG .
- María del Carmen Ferreira Boo, nada en 1973 , é unha investigadora galega de literatura infanto-xuvenil.
Outras
[editar | editar a fonte]- Carmen Mejía Ruiz, filóloga española, estudosa da lingua e literatura galegas.
- Carmen Alborch, política española.
- Carmen Amaya, bailadeira española.
- Carmen Barbieri, actriz arxentina.
- Carmen de Burgos, xornalista e escritora española.
- Carme Canela, cantante de jazz española.
- Carme Chacón, política española.
- Carmen Conde, poeta española.
- Carmen Conesa, actriz española.
- Carmen Consoli, cantante italiana.
- Carmen Electra, actriz e modelo estadounidense.
- Carmen Flores, irmá de Lola Flores, cantante española.
- Carmen Kass, modelo e xadrecista estoniana.
- Carmen Laforet, escritora española.
- Carmen Linares, cantante española.
- Carmen de Lirio, vedete e actriz española.
- Carmen Machi, actriz española.
- Carmen McRae, cantante estadounidense.
- Carmen Martín Gaite, escritora española.
- Carmen Maura, actriz española.
- Carmen París, cantante española.
- Carmen Russo, vedete italiana.
- Carmen Sevilla, actriz e cantante española.
- Carmen Tórtola Valencia, bailarina española.
- Carmen de Mairena, popular travesti catalá.
- Carmen Cervera, coñecida coma Tita Cervera ou Tita Thyssen, nobre española.
- Margarita Carmen Cansino, coñecida como Rita Hayworth, actriz estadounidense de orixe española.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ O nome galego Carme recóllese en numerosas fontes - [1]
- ↑ Nome Carme na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Carmiña na Web do Intituto Galego de Estatística