Carmen Mejía Ruiz
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1956 ![]() Valdepeñas, España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, académica ![]() |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Carmen Mejía Ruiz, nada en Valdepeñas o 4 de abril de 1956, é unha filóloga española, estudosa da lingua e literatura galegas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutora en Filoloxía Románica e profesora titular de Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid, onde exerce a docencia sobre literatura románica medieval, lingua e literatura galegas e lingüística románica. Investiga especialmente sobre narrativa hispanoamericana, libros de viaxes, poesía e narrativa peninsular comparada e sobre o exilio nas literaturas peninsulares.
É a directora de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, publicada en Madrid, e ten participado en varios congresos literarios e conferencias, divulgando a literatura galega.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- La figura del dictador en la novela moderna y contemporánea (Narrativa hispanoamericana), 1987.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Estéticas da poesía galega e signos de ruptura. Unha nova ollada ó Grupo de comunicación poética Rompente, 2001, en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.
- El exilio de Castelao en Norteamérica (Textos y documentos), 2004, tamén en Madrygal.
- Dos vidas y un exilio. Ramón de Valenzuela y María Victoria Villaverde. Estudio y antología, 2011, Universidade Complutense de Madrid.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Pedrón de Honra en 2016.