Carolina Borges
Aparencia
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 ![]() Ganceiros, España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | educadora social ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() |
Carolina Borges Veloso, nada en Ganceiros[1] (Torno, Lobios) en 1984, é unha educadora social e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomada en Educación Social e licenciada en psicopedagoxía, formou parte dun equipo de investigación na Universidade de Vigo. Foi membro dos Comités Abertos da Facultade e do comité universitario de calidade dos estudos de psicopedagoxía. Compaxina o seu labor investigador co traballo de técnica en intervención social nun grupo de intervención multidisciplinar na cidade de Ourense. Completou a súa formación en países como Alemaña ou o Reino Unido.
No ano 2009 recibiu o premio Internacional de Investigación Patrimonio Cultural[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Unha universitaria ourensá gañou o primeiro premio do Certame de Recolla da Tradición Oral". La Voz de Galicia. 4 de novembro de 2009.