Carpintaría de ribeira
A carpintaría de ribeira é a industria de construción artesanal de barcos de madeira.[1] Malia contar con gran tradición nas costas galegas, durante o século XX a carpintaría de ribeira viu relegada a súa actuación en toda Europa á construción de pequenas embarcacións, diminuíndo moito o seu volume de traballo[2]. En 2019, por exemplo, en Asturias existe un único estaleiro de ribeira, sito na ría de Ribadeo.[3] En países sen grandes estaleiros, esta actividade continúa puxante.
A construción de embarcacións de cabotaxe deu o seu nome a estas carpintarías, que cubriron dende antigo a construción de pequenas barcas, pero tamén ata finais do século XIX outras embarcacións de máis calado como corvetas, goletas ou bergantíns.
A carpintaría de ribeira nace coa navegación, e os primeiros testemuños da existiencia desta técnica corresponden ao Antigo Exipto, onde se practicaba dende o ano 3000 a.C.[4]

Técnica de construción
[editar | editar a fonte]Previo
[editar | editar a fonte]Selección da madeira
[editar | editar a fonte]Para as pezas máis importantes da estrutura (roda, codaste, cadernas) emprégase madeira con dureza e curvatura ideais: por exemplo, carballo. As pezas longas, quilla e sobrequilla, madeira de troncos longos e rectos, como eucalipto ou ciprés.
Almacenamento ó ár libre
[editar | editar a fonte]Para ter un grao ideal de humidade, a madeira almacénase ó ár por un tempo abondo.
Debuxo de planos
[editar | editar a fonte]Antes de comezar a construción, fanse os debuxos na mesa de gálibo.

Desenvolvemento da construción
[editar | editar a fonte]Quilla, roda e codaste
[editar | editar a fonte]A construción comeza coa quilla, na que se van unir roda (que constitúe a armazón da proa) e codaste (da popa). Estas tres pezas afírmanse con dormentes, para dar rixidez ó conxunto.
Cadernas
[editar | editar a fonte]Ó conxunto anterior únenselle as cadernas. As primeiras en ser colocadas son as chamadas terzo de proa e terzo de popa, que se sitúan nos terzos anterior e posterior da medida total da quilla. Logo van incorporándose o resto, en cantidade variable segundo o tamaño da embarcación. En barcos de maior porte, as cadernas afírmanse sobre a quilla sobrepoñendo a esta a sobrequilla.
Vaus
[editar | editar a fonte]Ás cadernas únenselle, de costado a costado a nivel de cuberta, os vaus que a van soportar. O conxunto ata aquí constitúe a obra morta.
Forro do casco
[editar | editar a fonte]O casco entabóase a partir da obra morta: dende o alto até a liña de flotación, para seguir dende a quilla até rematar coa obra morta xa entaboada, dando así a obra viva.
Calafateo
[editar | editar a fonte]
Sélanse as aberturas entre as táboas do casco colocando pabío de algodón trenzado, cun mazo e ferramenta de calafateo (semellante a unha cuña metálica).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "construcción y reparación de embarcaciones de madera". web.archive.org. 2012-07-12. Archived from the original on 12 de xullo de 2012. Consultado o 2019-01-20.
- ↑ Cartel explicativo da senda consteira peonil entre Castropol e As Figueiras, en Asturias
- ↑ "El último astillero de ribera de Asturias pervive en la ría ribadense". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-18. Consultado o 2019-03-18.
- ↑ "World's Oldest Planked Boats - Archaeology Magazine Archive". archive.archaeology.org. Consultado o 2019-01-20.