Carreira universitaria
Popularmente, adóitase chamar carreira universitaria tanto ós títulos de diplomatura, arquitectura técnica e enxeñería técnica (carreiras medias ou de ciclo curto) coma ós de licenciatura, arquitectura e enxeñería (carreiras superiores ou de ciclo longo), acadados nunha universidade. Non se debe confundir con niveis académicos superiores coma os títulos de mestrado ou doutoramento (estudos de posgrao).
Cando o alumno supera unha carreira universitaria consegue unha titulación superior (ou título superior). Tamén se denomina a este certificado titulación universitaria superior, titulación superior universitaria, título universitario superior ou título superior universitario (nestas catro formas ása veces exclúense as carreiras medias ou se inclúen os doutoramentos).