Casa da Alfóndega
Casa da Alfóndega | |
---|---|
Concello | Redondela |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°16′57″N 8°36′30″O / 42.282411111111, -8.6084305555556 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo actual | Renacentista (Renacentista) |
Estado actual | En bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A casa da Alfóndega é unha casa galega situada no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima.[1] Preto da casa da Torre, foi construída no século XVI pola familia Prego de Montaos. Destaca polos brasóns da súa fachada. Recibe este nome da praza da Alfóndiga (lugar de venda de graos).
Descrición
[editar | editar a fonte]A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, a mesma familia propietaria da casa da Torre, que se atopa ao seu carón. A orixe do topónimo reside na praza que leva o mesmo nome, debido á que no pasado era empregada coma lugar de venda de gran.
Na súa fachada conta con dous brasóns, un a cada carón da entrada. O brasón esquerdo pertence ao escudo da familia Prego de Montaos, mentres que o da dereita pertencen ás liñaxes dos Lira, Prego de Montaos, Ozores e Troncoso.
Está situado na rúa Isidoro Queimaliños, e na actualidade o seu uso é privado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Casa da Alfóndega na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Juan Manuel López-Chaves Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: "Alhóndiga" en Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), p. 194. Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 84-86845-09-2.