Casa da Fonte
Casa da Fonte | |
---|---|
![]() | |
Concello | Pantón |
Provincia | Lugo |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°30′42″N 7°37′48″O / 42.511666666667, -7.63 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | Arquitectura barroca (1756) |
Estado actual | Vivenda |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa da Fonte é unha construción civil situada na parroquia de Ferreira de Pantón, próximo ó lugar da Vila do Mato a medio camiño entre Basillao e a igrexa parroquial.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A casa posúe unha planta en forma de escuadro. Polo exterior, na contra da fachada norte ten unha porta e fiestras no piso. Na fachada do leste ten unha porta nos baixos, e arriba máis fiestras, unha delas con montante. A á oeste, está adicada ás dependencias do gando e ós servizos agrícolas.
O ángulo da escuadra é ocupado por un patio, que serve de acceso a unha especie de solaina por medio dunha escalinata que dá acceso á planta principal. Pecha o patio un portón cun arco de granito. Na casa atópase un pombal con forma de torre, de forma cadrada, cunha fiestra a media altura e con porteliñas para a saída das pombas.[1]
A adega da casa da Fonte atópase na entrada do camiño que leva á casa[2]. Foi construída no ano 1756, como reza unha inscrición da porta. É unha adega que tivo moita importancia na contorna, e nela traballaban xentes da aldea próxima de Basillao. Seguiu traballando até mediados do século XX. Diante dela tiña dous castiñeiros centenarios, que daban moitas castañas que as xentes da casa e de Basillao consumían, e tras a adega tiña dúas sobreiras para facelas cortizas. Ademais ó carón da adega había unha corte para o gando.
Galería
[editar | editar a fonte]-
A corte xunto á adega da casa da Fonte.
-
Detalle do escudo da porta da adega.
-
Porta da adega.
-
Vista superior da adega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rielo Carballo, I. (2000). Pantón, historia e fidalguía. Editorial Compostela. ISBN 84-8064-095-2.
- ↑ "Adega da Casa da Fonte". Lista roja Patrimonio. 11 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Casa da Fonte na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.