Saltar ao contido

Casa de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa de Galicia
Tipohospital e organización
Data de fundación1917
Nomeado en referencia aGalicia
Localización
EnderezoAvenida Millán 4480. Montevideo, Uruguay
EnMontevideo
PaísUruguai
34°50′33″S 56°12′28″O / -34.842416467555, -56.207678465451
Na rede
http://www.casadegalicia.org.uy
Instagram: galicia_casa Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Casa de Galicia foi unha mutualista de asistencia sanitaria, que funcionou en Montevideo durante 104 anos. Fundada en 1917 por un grupo de inmigrantes galegos, o 23 decembro de 2021, a xustiza uruguaia decretou o seu peche.[1]

A principios do século XX, o Uruguai foi un dos principais destinos da emigración galega a América do Sur. O 1 de outubro de 1917 a colectividade galega do Uruguai fundou en Montevideo a Sociedade de Instrución, Recreo, Beneficencia e Asistencia Médica Colectiva Casa de Galicia. O seu principal dirixente foi José María Barreiro, natural de Baiona.[2]

Na década de 1950 adquiriu un inmoble na avenida Millán do barrio do Prado de Montevideo onde construíu o seu sanatorio principal e o edificio da súa sede. Foi inaugurado en 1957.[3] A poucos metros dela está a Quinta de Casa de Galicia. Con sede na avenida 18 de Xullo, a sociedade contaba co Instituto Manuel Curros Enríquez e a biblioteca Alfonso R. Castelao, ademais dun grupo de policlínicos do departamento de Montevideo.

O 23 de decembro de 2021, a xustiza uruguaia decretou o cesamento inmediato das actividades da mutua, que estaba a atravesar graves problemas económicos e padecía un alto nivel de endebedamento.[4] A institución contaba naquel momento cuns 45.000 socios e 1.300 traballadores. O sanatorio púxose baixo a supervisión da Administración Estatal de Servizos Sanitarios, á espera de que se resolvese o futuro dos seus traballadores, membros e usuarios.[5][6][7]

En novembro de 2022, o último presidente da Casa de Galicia, Alberto Iglesias, aproveitando a visita ao país do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que denunciaría ao conselleiro de Sanidade Pública, Daniel Salinas, por entender que o peche da mutua era unha acción premeditada e organizada coa intención de beneficiar a outras institucións sanitarias, en particular ao Círculo Católico e ao Hospital Evanxélico.[8]

Tras o seu peche, un grupo de socios e a súa comisión de cultura constituíron a Asociación Civil Centro Histórico-Cultural Casa de Galicia, que busca manter o patrimonio histórico e cultural da antiga mutualidade galega e é a súa continuidade histórica. Con varios centos de socios, busca manter viva a historia e a cultura galega no país, desenvolvendo actividades culturais, cursos, e procurando a xestión do Panteón Social da Casa de Galicia no Cemiterio Norte.

Outras actividades

[editar | editar a fonte]

A Casa de Galicia organizou diversas actividades culturais, destacando a ensinanza do baile tradicional galego. Tamén contou cunha Sección Deportiva que disputou cinco tempadas federada na Asociación Uruguaia de Fútbol.

  1. "La Justicia decretó el cierre de Casa de Galicia" (en castelán). 23 de decembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2024. 
  2. casagaliciamontevideo (2017). "Histuria de Casa de Galicia". Uruguay. Consultado o 24 de decembro de 2021. 
  3. "Sanatorio Casa de Galicia". Consultado o 1 de abril de 2021. 
  4. "Así fue el proceso que llevó a que la Justicia dispusiera el cierre de Casa de Galicia" (en castelán). 27 de decembro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2024. 
  5. "La Justicia decretó "cese de actividades" de la mutualista Casa de Galicia" (en castelán). 23 de decembro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2024. 
  6. "Justicia decretó el cese de actividades de la mutualista Casa de Galicia" (en castelán). 23 de decembro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2024. 
  7. "ASSE gestionará Casa de Galicia; urgencia e internados seguirán recibiendo asistencia" (en castelán). 23 de decembro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2024. 
  8. "Expresidente de Casa de Galicia insiste con denuncia a Salinas y pide investigar “si benefició a alguien” con cierre de la mutualista" (en castelán). 23 de decembro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2024.