Casa de Sela
Casa de Sela | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Vista desde o NE, 2007 | ||||
Tipo | estrutura arquitectónica ![]() | |||
Estilo | casa de indianos ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Ribadeo | |||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | Provincia de Lugo | |||
Concello | Ribadeo ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | 1869 | |||
[ Wikidata ] |
A casa de Sela[1] é unha casa de indianos situada en Ribadeo, construída en 1869 e polo tanto, unha das máis antigas casas de indianos da vila.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha mansión con planta en U, duns 500 m². Conta cun extenso xardín interno con árbores xa vellas, minguado xa no século XXI pola construción na súa parte traseira dun extenso bloque de vivendas. Hai xa tempo a parte dianteira da mansión abranguía un xardín público, en transformación nestes momentos para facer nel un 'parque de Indianos'.
A mansión foi mandada construír por unha familia retornada de México[3], e na actualidade segue a ser casa familiar.
A súa construción bebe das construcións galegas da época, coa integración do granito entre outros elementos. Non obstante, hai documentos que indican unha certa réplica dunha casa en México. O seu xardín integra vexetación indíxena, palmera incluída. A galería leste é rechamante mesmo dende o exterior do cercado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Casa de Sela na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "9.Casa de Sela e xardín de indianos". Arquivado dende o orixinal o 18/10/2019. Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Casas de Indianos en Ribadeo. III-Casa de Sela". Consultado o 6/9/2017.