Casaminoácido
Os casaminoácidos son unha mestura de aminoácidos e algúns péptidos moi pequenos obtidos da hidrólise ácida da proteína caseína do leite.[1] Utilízanse en microbioloxía como ingrediente de medios de crecemento microbiano. A mestura contén todos os aminoácidos esenciais excepto o triptófano, que queda destruído pola dixestión con ácido sulfútrico ou ácido clorhídrico.[1]
Os casaminoácidos son similares á triptona; esta última diferénciase en que sufriu unha hidrólise encimática incompleta e presenta algúns oligopéptidos, mentres que nos casaminoácidos o que predomina son os aminoácidos libres.
Usos
[editar | editar a fonte]Os casaminoácidos subministran unha fonte de nitróxeno de orixe proteica completamdente hidrolizada. Contén unha pequena cantidade de cistina. O triptófano e as vitaminas son destruídas polo tratamento ácido. Os restantes aminoácidos (en distintas cantidades) son unha fonte de nutrientes para varios microorganismos. Os aminoácidos son moi solubles e axeitados para o seu uso en cultivos de tecidos. O contido de sales é xeralmentre do 30 a 40%. Os casaminoácidos poden atoparse na vacina DTaP da marca Daptacel ou utilízanse na súa fabricación.[2]
Aspecto
[editar | editar a fonte]- Po que flúe libremente (as partículas non se pegan nin agregan) de cor branca a marrón clara, homoxéneo.
- Solubilidade (2%).
- Incoloro a amarelo claro e transparente en solución.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mueller, J. Howard; Johnson, Everett R (1 Jan 1941). "Acid Hydrolysates of Casein to Replace Peptone in the Preparation of Bacteriological Media". Journal of Immunology 40 (1): 33–38. ISSN 1550-6606.
- ↑ "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2011-02-05. Consultado o 2017-09-09.
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |