Casimiro Hernández Calvo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1941 Cerezal de Peñahorcada (España) |
Morte | abril de 2024 (82 anos) |
Senador de España | |
Circunscrición electoral: provincia de Salamanca | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Casimiro Hernández Calvo, nado en Cerezal de Peñahorcada (provincia de Salamanca) o 15 de novembro de 1941, é un político español do Partido Popular. Foi alcalde de Vilvestre, vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Salamanca e senador electo por Salamanca.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Foi senador por Salamanca na III lexislatura (1986-1989), por Alianza Popular (dentro de Coalición Popular), obtendo 68.025 votos e sendo o 4º senador máis votado por Salamanca. Desempeñou os cargos de vogal da Comisión de educación, universidades, investigación e cultura, vogal da comisión de regulamento e vogal da comisión mixta para as relacións co tribunal de contas.
Na IV Lexislatura (1989-1993, polo Partido Popular), obtivo 85.027 votos, sendo o senador máis votado por Salamanca. Desempeñou os cargos de vogal da comisión de obras públicas, ordenación do territorio e medio ambiente, urbanismo, transportes e comunicacións. Vicepresidente 2º da comisión de asuntos iberoamericanos.
Na V Lexislatura (1993-1996, polo Partido Popular), obtivo 107.891 votos, sendo o senador máis votado por Salamanca. Desempeñou os cargos de vogal da comisión de defensa, secretario 2º da comisión de obras públicas, medio ambiente, transportes e comunicacións. Membro de relatorios para informar sobre textos legislativos e vogal da comisión de asuntos iberoamericanos.
Na VI Lexislatura (1996-2000, polo Partido Popular), obtivo 122.405 votos, sendo o 2º senador máis votado por Salamanca. Desempeñou os cargos de vogal da comisión de obras públicas, medio ambiente, transportes e comunicacións. Viceportavoz da comisión de asuntos iberoamericanos.
Foi alcalde de Vilvestre antes de 1979 como alcalde franquista, entre 1979 e 1983 por Unión de Centro Democrático, e entre 1983 e 1987 por Alianza Popular. Nas eleccións de 1987 obtivo os 7 concelleiros por Alianza Popular. Nas eleccións de 1991 obtivo 6 dos 7 concelleiros polo Partido Popular.
Tamén foi vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Salamanca entre 1979 e 1992.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi profesor de EXB e director do Colexio Público de Vilvestre. Está casado e ten dous fillos.