Casina
Aparencia
Casina | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Casina co seu xato. | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
En perigo | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
A casina, tamén coñecida como asturiana da montaña é unha das razas de vacún tradicionais de Asturias, concretamente da zona leste dos Picos de Europa.
Esta raza pertence ao tronco castaño cantábrico e a súa orixe podería remontarse ao gando introducido na Península Ibérica polos indoeuropeos. Críase principalmente en réxime extensivo para a produción de carne e pódese atopar nas zonas montañosas do leste de Asturias: os Picos de Europa, a Serra do Sueve, a Serra do Cuera, a Serra de Cuana e os montes de Piloña e Ponga. Tamén hai rabaños estabulados en Cantabria, País Vasco e Castela e León.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de ASEAMO (en castelán)