Caspar Bartholin o Vello
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1585 Malmö, Suecia |
Morte | 13 de xullo de 1629 (44 anos) Sorø, Dinamarca (pt) |
Cóengo | |
Datos persoais | |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade de Copenhague Universidade de Rostock University of Wittenberg (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Copenhague |
Ocupación | médico, escritor, filósofo, anatomista, teólogo, profesor universitario, polímata |
Empregador | Universidade de Copenhague Universidade de Rostock |
Familia | |
Fillos | Thomas Bartholin, Rasmus Bartholin |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC |
Caspar Bartholin o Vello, nado en Malmö (Reino de Dinamarca e Noruega) o 12 de febreiro de 1585, e finado en Sorø (Selandia) o 13 de xullo de 1629[1], foi un teólogo, médico e anatomista dinamarqués, coñecido tamén como Caspar Berthelsen ou polo nome latinizado de Casparus Bartholinus.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de iniciar os seus estudos en Rostock e en Wittenberg, aos seus dezaseis anos comezou xa a súa formación superior na Universidade de Copenhague, onde máis tarde, a partir de 1613, foi profesor inicialmente de medicina. Ocupou ese posto durante once anos, cando, ao caer gravemente enfermo, xurou que se se recuperaba se dedicaría totalmente ao estudo da teoloxía. E así o fixo, e pasou a ser profesor de teoloxía na referida universidade e cóengo de Roskilde.
Viaxou despois por toda Alemaña, os Países Baixos, Inglaterra, Francia e Italia, e foi recibido con moito respecto nas universidades que visitou neses países.
Tivo dous fillos, Thomas e Rasmus, que tamén foron eruditos moi recoñecidos.
Morreu o día 13 de xullo de 1629, en Sorø, na illa de Selandia.
Contribución á ciencia
[editar | editar a fonte]A súa obra Anatomicae Institutiones Corporis Humani (Institucións Anatómicas do Corpo Humano), de 1611 foi durante moitos anos o libro principal en materia de anatomía. Caspar Bartholin foi, entre outras cousas, o primeiro a describir o funcionamento do nervio olfactorio.
Obras publicadas
[editar | editar a fonte]Preséntase unha listaxe por orde cronolóxica de todas as obras escritas por Caspar Bartolin O Vello e publicadas entre 1606 e 1726, unhas en vida e outras postumamente:[3]
- Exercitatio de stellis. Wittemberg, 1606.
- Astrología sive de stellarum naturae, emendiator et auctior. Wittemberg, 1606.
- Astrologia, seu De stellarum natura (en latín). Wittenberg: Bechtoldus Raaben. 1612.
- Enchiridion logicum ex Aristotele. Augsberg, 1608.
- Exercitatio physica de natura. Wittemberg, 1608.
- Janitores logici bini. Wittemberg, 1609.
- Dis. Physica Basileensis. Basilea, 1610.
- Enchiridion metaphysicum ex philosophorum coryphaei. Augsburgo, 1610.
- Paradoxa CCXL pathologica, simiotica, diaetetica. Basilea, 1610.
- Anatomicae instituciones corporis humani. Wittemberg, 1611.
- Problematum philosophicorum et medicorum nobiliorum et rariorum miscell. Exercitationes. Basilea, Raaben, 1611.
- Casp. Bartholini ... Institutiones anatomicae, novis recentiorum opinionibus et observationibus, quarum innumerae hactenus editae non sunt, figurisque secundo auctae / ab auctoris filio Thoma Bartholino movendo. Lug. Batavorum [Leyden]: Apud Franciscum Hackium, 1645.
- Anatomia, ex Caspari Bartolini parentis Institutionibus, omniumque recentiorum et propriis observationibus tertiùm ad sanguinis circulationem reformata. Cum iconibus novis accuratissimis: accessit huic postremæ editioni Th. Bartholini, appendix de lacteis thoracicis et vasis lymphaticis / [Thomas Bartholin]. Hagæ-Comitis: Ex typ. A. Vlacq, 1655
- Anatomia, ex Caspari Bartholini parentis Institutionibus, omniumque recentiorum et propriis observationibus tertiùm ad sanguinis circulationem reformata / Thomæ Bartholini Casp. F. Lug[duni] Batav[orum] (Leyden): apud Franciscum Hackium, 1651.
- Anatomia, ex Caspari Bartholini parentis Institutionibus, omniumque recentiorum et propriis observationibus. Quartum ad sanguinis circulationem reformata cum iconibus novis accuratissimis / accessit huic postremae editioni Th. Bartholini appendix de lacteis thoracis & vasis lymphaticis. Hagae: Adriani Vlacq, 1663.
- Hermanni Conringi Introductio in universam artem medicam singulasque ejus partes ex publicis ejus præcipue lectionibus olim concinnata nunc vero additamentis necessariis aucta continuata ad nostra tempora praecipuorum scriptorum serie / accesserunt Johannis Rhodii, aliorumque in arte principum virorum consimilis argumenti commentationes ; cura ac studio Guntheri Christophori Schelhammeri... cum prefatione Friderici Hoffmanni ... de studio medico recte pertractando et ejus probatissimis auctoribus. Halæ; & Lipsiæ : Apud Ernest. Gottlieb. Crugium, 1726.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Caspar Bartholin. "Enciclopedia Britannica".
- ↑ Caspar Bartholin (el viejo) (1585-1629). En Historiadelamedicina.org
- ↑ Obras de C. Bartholin. En Historiadelamedicina.org