Castañeiras, Valboa
Aparencia
Coord.: 42°44′N 6°58′O / 42.73, -6.97
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Concello | Valboa | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24525 | |||
Castañeiras é unha localidade do municipio leonés de Valboa, pertencente á bisbarra tradicional do Bierzo. Está situada ao pé do alto do Portelo (1.068 m), polo que se entra á provincia de Lugo. As localidades máis próximas son Vilanova (0,8 km), O Cumial (2,3 km) e Paraxís (5,5 km). Castañeiras é coñecida por unha lenda (como moitas similares no Bierzo) que falaba dun "xugo de ouro" enterrado nas proximidades, relacionada cos mouros, os seus tesouros e o lugar onde vivían: a Cortiña dos Mouros.