Castelo Dough
Aparencia
Castelo Dough | |
---|---|
Concello | Lahinch |
Provincia | Munster, Irlanda |
Coordenadas | 52°57′04″N 9°21′02″O / 52.95111111, -9.35055556 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | Torre medieval (1306) |
Estado actual | En ruínas |
Véxase tamén | |
Castelos de Irlanda | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo Dough (en irlandés: Dumhach Ui Chonchuir, que significa baixío dos O'Connor) é unha torre medieval que se atopa no concello de Lahinch, no oeste de Irlanda. Foi construído a comezos do século XIV por orde dos O'Connor, mais non se conserva nada da estrutura orixinal.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O castelo está na parroquia de Kilmacrehy e ao carón da desembocadura dos ríos Inagh e Deelagh.
Estado actual
[editar | editar a fonte]Por mor de que os seus cimentos se atopan sobre area, o castelo veuse abaixo varias veces e hoxe en día está en ruínas. Consérvase pouco máis que a torre O'Brien[1] no campo de golf de Lahinch.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fraser, James (1844). W. Curry, Jr., ed. Hand-book for Ireland. p. 395.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |