Castelo de Labio
Castelo de Labio | |
---|---|
Concello | Labio, Lugo |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galiza |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (séculos X) |
Estilo actual | (En ruínas) |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castelo de Labio, preto de Lugo, é famoso no contexto da loita do nobre viquingo Ulv Galiciefarer a principios do século XI contra o rei galaico-leonés Vermudo III.
Historia
[editar | editar a fonte]Un documento datado en 1032, do reinado do rei Vermudo III, describe a revolta dirixida por Sueiro Gundemáriz durante a época do seu avó, Vermudo II. Di que Sueiro tiña a fortaleza de Lugo e que os rebeldes construíron moitos castelos ilegais, todos os cales, agás Lapio[1] (Labio, Lugo) foron derrubados despois da derrota da rebelión.[2][3]
No 1028[4] ou 1032[5], cando se produciu unha crise política no contexto da loita entre Fernando I e Vermudo III, os rebeldes galegos liderados por Rodrigo Romániz dende Monterroso e os viquingos que realizan unha nova incursión na ría de Arousa,[6] xúntanse para atacar e conquistar o Castelo de Labio. Algúns teorizan que Romániz convidou a Ulv para realizar a invasión.[7] Os dous saquearon a vila do Grove e o Castelo de Labio. Díxose que "Ulv e a súa comitiva sementaban o terror por onde pasaban e aumentaban o seu botín", chegárono a chamar o "lobo viquingo".[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "En busca del castillo de Labio". El Progreso. 13 de agosto de 2018.
- ↑ Pérez, Mariel (2011). Rebelles, infideles, traditores: Insumisión política y poder aristocrático en el Reino de León.
- ↑ "un exército reuniuse e chegou a esta fortaleza de Lugo e alí estivo moitos días" (exercitu aggregato venit in isto opido Luco, ubi multis diebus commoravit)
- ↑ Miguens, Silvia (2010). Breve historia de los piratas. Madrid: Nowtilus. p. 136. ISBN 978-84-9763-709-1. OCLC 781640954.
- ↑ Risco, Vicente (1978). Historia de Galicia (en castelán). Editorial Galaxia. p.81
- ↑ T. Hermida Catoira (22 de xaneiro de 2017). "Hallan en Dinamarca la presunta tumba del vikingo Ulf que asaltó tierras arousanas en el siglo XI". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ Frutos, Pedro de (1981). Leyendas gallegas: De la iniciación al mitogenismo (en castelán). Tres, Catorce, Diecisiete. ISBN 978-84-85208-20-3. p.81
- ↑ Rodrigo Cota (25 de febreiro de 2020). "Galiza Ulf, el lobo vikingo". Diario de Pontevedra (en castelán).