Saltar ao contido

Castelo de Monforte de Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Monforte de Lemos
ConcelloMonforte de Lemos
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galiza
Coordenadas42°31′27″N 7°30′39″O / 42.524086, -7.510794
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(séculos XIII a XV)
Estilo actual(En ruínas)
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Monforte de Lemos é un castelo situado no Monte de San Vicente, na cidade de Monforte de Lemos. As murallas, datadas entre os séculos XIII e XV, defendían a cidade. A muralla contaba cunha serie de torres defensivas e varias portas, das que tan só se conservan dúas, a Porta da Alcazaba ou da Pescadería (a máis antiga, datada no século XIII), e a Porta Nova (século XV).[1][2] O castelo sufriu importantes danos durante a Gran Guerra Irmandiña (1467-1469), logo da cal foi reconstruída.[1]

A torre da homenaxe.

A estrutura mellor conservada da fortaleza é a torre da homenaxe, unha estrutura de 30 m de altura, 13 m de lado, e muros de 3 m de grosor. Nela celebrábanse as Cerimonias da Homenaxe, nas que se unía ao señor co seu vasalo, o que convertía a esta edificación no lugar máis importante do castelo. Na actualidade a torre da homenaxe encóntrase restaurada tanto no seu exterior como no interior, que é un museo.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Monforte Monumental". Concello de Monforte de Lemos. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2018. 
  2. "Castillo de Monforte / Torre del homenaje / Torre de Moreda" (en castelán). castillosnet.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]