Castelo de San Sebastián (Cádiz)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castelo de San Sebastián.
O Castelo de San Sebastián é unha fortaleza da cidade de Cádiz, situada nun dos extremos de La Caleta sobre un pequeno illote onde, segundo a tradición clásica, atopábase o Templo de Kronos. En 1706 inícianse as obras, dando lugar a un recinto fortificado de planta irregular e que defendía o flanco norte da cidade. No seu interior e sobre a base dunha torre-atalaia musulmá levántase o actual faro, 1908, o segundo eléctrico de España, de estrutura metálica e 41 metros sobre o nivel do mar.
A orixinal silueta deste castelo sobre o mar convertérono en escenario de varias películas rodadas en Cádiz, entre elas a máis cara do cine español, Alatriste, rodada aquí en 2005.