Saltar ao contido

Castelo de San Xurxo de Lisboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de San Xurxo de Lisboa

Tipocastelo, patrimonio cultural e museo Editar o valor en Wikidata
Parte deLisboa Histórica, Cidade Global Editar o valor en Wikidata
MatrizLisboa Cultura (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 38°42′50″N 9°08′00″O / 38.7139, -9.1333
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Lisboa
Cidade grandeLisboa
FreguesíaSanta Maria Maior Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCastelo Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Monumento nacional de Portugal
Identificador70523
Composto por
Contacto
Páxina WEBcastelodesaojorge.pt Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Castelo de San Xurxo.
Castelo de San Xurxo de Lisboa, iniciado polos musulmáns.

Coñécese como Castelo de San Xurxo (en portugués: Castelo de São Jorge) ás ruínas dun castelo no outeiro de San Xurxo (portugués: Castelo de São Jorge), en Lisboa. Primitivamente coñecido simplemente como Castelo dos Mouros, érguese en posición dominante sobre o máis alto outeiro do centro histórico, proporcionando aos visitantes unha das máis fermosas vistas sobre a cidade e sobre o estuario do río Texo, polo que o goberno portugués fai grandes esforzos en conservalo.

O recinto do castelo conta con aproximadamente 6 000 m². A edificación consta de varias torres e garitas, un foso e dous patios grandes.

Características

[editar | editar a fonte]

O castelo defende a antiga cidadela árabe, ou Alcázar, abríndose nos seus muros con ameas doce portóns, sete deles polo lado da igrexa de Santa Cruz do Castelo. Polo exterior, un pano de muralla dá acceso a unha torre barbacana. Dezaoito torres de sustentación reforzan os muros. Polo Portal Sul, a través da rúa de Santa Cruz do Castelo, accédese á Praza de Armas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]