Castelo de Slade
Castelo de Slade | |
---|---|
![]() | |
Edificio | |
Tipo | Casa-torre |
Localización | ![]() |
Coordenadas | 52°08′02″N 6°54′39″O / 52.133868, -6.910706 |
Construción | |
Construción | Principios do século XVI |
Dimensións | |
Altura | 17 m (56 ft) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castelo de Slade (en irlandés: Caisleán an tSlaoid, en inglés: Slade Castle) é unha casa-torre e un Monumento Nacional Irlandés situado no condado de Wexford, Irlanda.[1][2]
Localización
[editar | editar a fonte]O Castelo de Slade está situado na vila de Slade, preto do extremo da Península de Hook, a 1.7 km (1.1 mi) ao nordeste do Faro do Cabo de Hook.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]O forte orixinal foi construído pola familia Laffin (Laffan) a finais do século XV. A sala fortificada de dous pisos agregouse no século XVI, engadindo tamén ameas. A facenda dos Laffin era bastante pequena, 86 ha (210 acres). Isto suxire que outras fontes de ingresos, como a pesca e o comercio, deben de haber financiado o castelo.
Os Laffin perderon Slade trala Rebelión irlandesa de 1641. Empregouse como almacén de sal ata o século XIX, momento no cal o castelo converteuse nunha vivenda de alugueiro. Cando a Oficina de Obras Públicas (Office of Public Works) se fixo cargo do castelo na década de 1940, foi restaurado á súa antiga condición.[4][5]
Edificación
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Slade_Harbour_Castle.jpg/220px-Slade_Harbour_Castle.jpg)
A parte máis antiga do castelo é a torre de catro pisos. A planta baixa e o terceiro piso teñen teitos abovedados, con ameas irlandesas no parapeto, dende onde hai formidábeis vistas da baía de Bannow e do porto de Waterford, importantes para a defensa. A porta de entrada está protexida por un matacán e un buraco de asasinato. No segundo piso consérvanse unha cheminea e un roupeiro. Ás tres habitacións da planta baixa non se pode acceder dende as vivendas de arriba e poden haber sido empregadas como almacéns.
O ástrago ten dous pisos, coa entrada protexida por un buraco de asasinato. Hai unha gran cheminea no extremo oeste e un alxube na parede sur. Unha escaleira mural conduce ao piso superior.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Irish Castles - Slade Castle".
- ↑ "The antiquities of Ireland". 1 de xaneiro de 1791.
- ↑ The Hook Peninsula: County Wexford. 1 de xaneiro de 2004. ISBN 9781859183786.
- ↑ "Slade Castle, Slade. co. Wexford. c.1470".
- ↑ "Slade castle, Co. Wexford - Irish Archaeology".
- ↑ "Slade Castle Co Wexford".
- ↑ "Slade Castle, County Wexford".