Castets et Castillon
Aparencia
(Redirección desde «Castets-en-Dorthe»)
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | |||
Departamento | Xironda | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.539 (2022) (116,95 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 13,16 km² | |||
Bañado por | Río Garona | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 2017 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 33210 | |||
Sitio web | castets-et-castillon.fr |
Castets et Castillon (en occitano Castèths e Castilhon) é un concello francés situado no departamento de Xironda na rexión de Nova Aquitania formado o 1 de xaneiro de 2017 pola unión das antigas entidades municipais de Castets-en-Dorthe (Castèths Andòrta) e Castillon-de-Castets (Castilhon de Castèths). Cunha superficie de 13,16 km2 e unha poboación de 1452 habitantes[1] a súa capital sitúase en Castets-en-Dorthe[2].
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello localízase no sueste da Xironda no distrito de Langon (Lengon), a uns sete quilómetros da capital do distrito e a corenta de Bordeos, capital do departamento. A canle lateral do Garona atravesa o concello ao igual que a estrada departamental 224.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INSEE
- ↑ "Legifrance". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2020.