Castor Castro Cancela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1886 Portela, España |
Morte | 15 de marzo de 1974 (87 anos) Barro, España |
Alcalde de Barro | |
1936 – 1936 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Castor Castro Cancela, nado en Portela (Barro) o 6 de agosto de 1886 e finado no mesmo concello o 15 de marzo de 1974, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Jose Castro e Manuela Cancela Búa. Presensouse como prófugo na Caixa de Recrutas de Pontevedra en novembro de 1916.[1] En 1918 participou na constitución dunha sociedade de oficios varios en Barro. O 16 de maio dese ano presidiu un mitin agrarista celebrado na parroquia de Curro no que participaron Ramón Abal, de Barro, Salvador Novo de Moraña, Samuel Blanco de Paradela, Marcelino Fernández de Vilaxoán e Manuel Álvarez de Vilagarcía. En 1921 era o presidente da Sociedade de Oficios Varios de Barro e foi detido acusado do lanzamento dunha bomba á casa de Manuel Rodríguez Maquieira,[2] acusación que se provou falsa e infundada, pois neses días estaba na Coruña, na casa de parentes seus (familia Búa). Na Segunda República foi nomeado alcalde de Barro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido polas ameazas e acoso falanxista. No libro do cura franquista Manuel Silva Ferreiro Galicia y el Movimiento Nacional, fálase que as “propagandas disolventes” na comarca (Barro, Moraña, Portas, Caldas...) “prendieron en los incondicionales del Alcalde de Barro, Castor Castro Cancela, que recibía para su labor revolucionaria, orientaciones y mandatos de los dirigentes del Partido Comunista”. Foi detido pola Garda Civil de Moraña e por falanxistas da comarca a mediados de setembro. Xulgado en consello de guerra en marzo de 1937 en Pontevedra (Causa 209/37), foi condenado a pena de prisión de 15 anos. Estivo ingresado nas prisións de Pontevedra (desde o 18 de setembro de 1936), no presidio de Figueirido e na colonia penitenciaria da illa de San Simón para finalmente ser trasladado á cadea de Astorga. Abríuselle expediente de responsabilidade política en abril de 1940.[3]
Predecesor: ? |
Alcalde de Barro 1936 |
Sucesor: ? |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Jesusa Nieto Mourente.