Castor Velo Cobelas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 (108/109 anos) Os Pereiros, España |
Morte | Cartelle, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Carlos Velo |
Castor Velo Cobelas, nado nos Pereiros (Cartelle) en 1915 e finado no mesmo concello, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Carlos Velo. Militante do Partido Galeguista, foi vicepresidente das Mocedades Galeguistas de Ourense. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Vigo en 1943, onde abriu unha academia asociado ao seu curmán Xosé Velo Mosquera. Tentou de reorganizar o nacionalismo na órbita da Unión Nacional con Xosé Velo, Mariano Otero Castelao e Ramón de Valenzuela. Exiliouse en Venezuela. Posteriormente volveu a Cartelle.
Obras[editar | editar a fonte]
- Quince relatos titulados. “31-XII-1999 11:30 p.m.”, 1999.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Dolores Blanco Velo.