Castro da Trinidade
Castro da Trinidade | |
---|---|
Parroquia | Vilamor |
Concello | Mondoñedo |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27030022 |
Cronoloxía | |
Data da descuberta | 1995? |
Períodos de escavación | Non escavado |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Castro da Trinidade ou Monte da Trinidade (chamado Castro de Flores, no concello de Lourenzá, co código GA27027012), é un castro de cumio fortificado situado no concello de Mondoñedo. En 2008 atopouse un machado votivo de bronce, só hai outros dous machados votivos semellantes en Galicia. O Machado duns 10 cm, ten representado un torque. A peza está en exposición no Museo do Castro de Viladonga.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]O castro está situado no cumio do monte Trinidade. Un penedo rochoso ao redor do cal existe unha canteira, Canteira Trinidade, que foi comendo o penedo. O castro foi catalogado en 1995. O 11 de marzo de 2016 a xefa do Servizo de Patrimonio de Lugo xunto co arqueólogo da Xunta en Lugo propuxeron excluír o castro do catálogo da Xunta. O 13 de xuño de 2016 aprobouse o PXOM de Mondoñedo no que aparece o castro catalogado como Castro da Trinidade. A canteira foi denunciada por Adega polos danos causados ao castro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria respondeu a esta denuncia que a empresa achegou evidencias de que o castro está proposto para a súa exclusión do preinventario da Xunta de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Unha canteira destruíu practicamente un castro de Mondoñedo co beneplácito da Xunta en Lugo". Galicia Confidencial.
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |