Castro de Montes Claros
Castro de Montes Claros | |
---|---|
Parroquia | Vilaño |
Concello | A Laracha |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Idade de ferro |
Estado actual | abandono |
Extensión estimada | 1,65 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O castro de Montes Claros[1] é un poboado castrexo situado na parroquia de Vilaño (A Laracha). O castro, un dos 19 existentes no concello, está situado nun outeiro sendo unha construción fortificada. As súas medidas de leste a oeste son de 150 metros por uns 140 metros aproximadamente de norte a sur, e noroeste-sueste de 175 metros, por 120 de suroeste-nordés. O castro está catalogado pola Xunta e no PXOM. Semella ter dous accesos un na zona oeste e a outra pola zona sueste. Todo o cumio do monte é unha plantación de eucaliptos.
En xaneiro de 2020, en base ao Plan Especial de Patrimonio Cultural, o concello de Laracha concluíu a expropiación da totalidade das parcelas que conteñen o castro[2], procedendo a unha importante deseucaliptización co obxectivo de poñer en valor o xacemento arqueolóxico.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castro de Montes Claros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Canto custa un castro?... e un menhir?". Historia de Galicia. 2020-01-12. Consultado o 2021-02-17.
- ↑ "Así se ve un castro antes e despois da súa deseucaliptización". Historia de Galicia. 2021-02-16. Consultado o 2021-02-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |