Castro de Moura
Castro de Moura | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castro ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Samos | |||
Parroquia | San Cristovo de Lóuzara | |||
Lugar | Frexulfe ![]() | |||
Arqueoloxía | ||||
Conservación | Moi alterado. | |||
Ocupación | Sec. III a.C.-II d.C. | |||
Descuberta | ? | |||
Escavación | 1994 | |||
Id. catálogo | GA27055031 | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 0,6 | |||
[ Wikidata ] |
O castro de Moura é un castro da Idade de Bronce Final que se atopa preto do lugar de Frexulfe, na parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello lucense de Samos. Ocupa un lugar a 946 metros sobre o nivel do mar, desde o que se domina visualmente boa parte do val do Loúzara.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Ten forma ovalada e componse dun único recinto de pequenas proporcións, mide de norte a sur 115 metros e de leste a oeste uns 70 metros. Nas partes escavadas téñense constatado unha ocupación datable cara ao cambio de era.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Foi obxecto de escavacións arqueolóxicas de urxencia con motivo da instalación dun poste repetidor da RTVG. Escaváronse un total de 103 m². Destapouse unha estrutura circular que podería corresponder a un fondo de cabana[1], no que destaca a gran cantidade de buratos de postes aparecidos no interior cunha disposición en forma de círculo. A planta circular defínese por un rebaixe na rocha e por un aliñamento de pedras de escasa altura.
Con posterioridade a este primeiro traballo de escavación realizouse unha segunda intervención, na que se destapou unha estrutura pétrea de laxes de xisto e parte dun fondo de cabana (Hervés, 1994).
Atendendo aos restos atopados, fálase dunha ocupación entre o século III a.C. e a época romana, se ben estes datos deben terse en conta como hipóteses de traballo non definitivas. O lugar ata fai pouco tempo fora obxecto de explotación agrícola, polo que as estruturas atopadas se atoparon nun nivel superior moi alterado.
Materiais
[editar | editar a fonte]- Cerámica: Destacan os restos cerámicos, que son de calidade e moitos deles presentan marcas de torno. En número destacan os restos de olas. Adoitan ser de pastas escuras e lisas. Poucas teñen decoracións, algunhas con motivos de decoracións de cordóns de pirámides.
- Material lítico : Destacan dous muíños planos, unha afiadoira rectangular, unha fusaiola decorada con tres círculos concéntricos ou pesas de xisto para a fixación do tellado.
- Elementos metálicos : só se atopou unha lámina de bronce.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enténdese neste caso cabana como unha construción feita de materiais perecedeiros, vexetais etc.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |