Castro de Santomé
Aparencia
Castro de Santomé | |
---|---|
Concello | Ourense |
Provincia | Ourense |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Século I adC a Século II |
Data da descuberta | 1969 |
Períodos de escavación | 1969 - 1974 1983 - |
Estado actual | Musealizado |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Santomé é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como cultura castrexa do noroeste peninsular. O conxunto arqueolóxico está musealizado e atópase no concello de Ourense, a só 3 km da cidade. Na mesma área arqueolóxica poden visitarse restos de época castrexa e romana nunha zona de alto valor natural.
Escavacións arqueolóxicas
[editar | editar a fonte]O conxunto foi descuberto en 1969, cando se realizaron algunhas catas exploratorias, de xeito afeccionado, entre ese ano e 1974, as cales permitiron salientar a importancia arqueolóxica do lugar. A partir de 1983, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense comezou a escavación científica e sistemática do lugar, o que permitiu descubrir a complexidade cronolóxica e cultural do castro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Xulio (2000) Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. Guía arqueolóxica. Ourense: Grupo Marcelo Macías, ISBN 84-88522-11-8
- AA. VV. (2001) Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé. Guía da natureza. Ourense: Grupo Marcelo Macías
- PERALTA BEJARANO, Isabel; RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Xulio; XUSTO RODRÍGUEZ, Manuel (2005) Conjunto arqueológico-natural de Santomé. Excavación, consolidacón y musealización de un sector del castro. A Coruña: Fundación Barrié, ISBN 84-95892-25-1