Castro do Monte das Ermidas
Castro do Monte das Ermidas | |
---|---|
![]() | |
Freguesía | Jesufrei |
Concello | Vila Nova de Famalicão |
Distrito | Braga |
País | Portugal |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | século IV a.C. - ? |
Data da descuberta | ? |
Períodos de escavación | ? |
Estado actual | Parcialmente escavado. En estado de abandono. |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Portugal |
O Castro do Monte das Ermidas, tamén coñecido como Castelo das Ermidas é castro, un poboado fortificado da Idade de Ferro, quizais fundado no século IV a.C., pertencente á parroquia de Jesufrei do concello de Vila Nova de Famalicão.
Sitúase nun outeiro xunto ao lugar de Palhares, a carón do río Guizando. Pode que fose habitado até a Idade Media.
Estaría rodeado por unha muralla de paredes compostas de perpiaños graníticos asentados en seco, en aparello poligonal, constituída por dous paramentos paralelos enchidos con pedra miúda que, nalgúns lugares, chegaría aos 4 metros de altura e de espesor. No lado mais exposto, a muralla estaba reforzada por dous fosos. Apesares de non se atopar vestixios visíveis, foran atopadas na zona interior da muralla, construcións cun núcleo de casas predominantemente de planta circular, con indícios de que os arruamentos e, especialmente un patio central, estarían pavimentados con laxas de granito.
O Castro foi obxecto de varias campañas arqueolóxicas nas que se recolleron gran cantidade de fragmentos de cerámica indíxena datada na Idade de Ferro ademais de cerámica de"importación", (grega e campaniense) e que chegaría ao castro na época da romanización, como as imbrices e tegulae (tipos de tellas) que testemuñan a importancia da romanización na historia deste castro.
Nos últimos anos o castro foise deteriorando de forma significativa pola erosión e polo abandono.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Matos, Fernando Mota de et al (2007). "Castro do Monte das Ermidas", en Portugal - Património, Guia - Inventário, Volume I. 1.ª ed. Rio de Mouro: Círculo de Leitores, ISBN 978-972-42-3917-0.
- AMartins. "Castro do Monte das Ermidas". IGESPAR. Consultado o 19 de maio de 2007.[Ligazón morta]